xoves. 01.05.2025
El tiempo

O AD Zas Ponciano Nieto terá dous equipos en categoría nacional

O AD Zas Ponciano Nieto terá dous equipos en categoría nacional
Ana Garcia Maria Castro e Miriam Dominguez con Miguel Rey Ana Garcia, María Castro e Miriam Domínguez con Miguel Rey

Gran alegría para o tenis de mesa da comarca. O peche da tempada deixaba a boa nova da confirmación do ascenso do equipo AD Zas Ponciano Nieto a 2ª Nacional. Ademais, o club tamén inscribiu un equipo en 1ª Nacional Feminina, polo que contará con dous equipos que competirán en categoría nacional, todo un desafío.

Ata agora non houbera na comarca da Costa da Morte tantos equipos a tan alto nivel, pois cómpre lembra que fai anos o Xiria competira en 2ª Nacional pero tiña un só equipo, o que non quita o seu mérito nin desmerece dos de agora.

10 equipos xa en competición

Ademais, os numerosos equipos costeiros serán punteiros nas súas categorías rexionais. Competirá 1 equipo en 1ª Galega, 5 en 2ª Galega (3 de Zas, 1 de Santa Comba e 1 de Mazaricos) e a estes haiq ue sumarlle o de SD A Baña e os 2 de Vimianzo TM. En total 10 equipos que mostran o auxe que está tendo o tenis de mesa na comarca grazas ao bo facer de todos os implicados: xogadores, entrenadores, colaboradores privados, pais e sobre todo ao apoio recibido dos concellos de A Baña, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas; e tamén ao da Deputación Provincial. Todos eles ven así reflectido a súa aportación.

Descanso, pero non para todos

Neste mes de xullo case todos están de descanso para recargar as enerxías de cara a vindeira temporada. Os entrenamentos empezarán no mes de agosto. E, deciamos case todos porque o seleccionador galego, o zaseiro Miguel Rey, convocou a María Castro (categoría infantil) coa selección galega a unha concentración que se celebrará o próximo sábado 22 de xullo en Vilalba, alí estarán os mellores de toda Galicia. Con eles dous irá a comarca ben representada.

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.

Comentarios