![ad-zas-tenis-de-mesa]()
O AD Zas Construcciones Cernadas venceu por un 4 a 1 ante o Recreativo Cultural de A Estrada
Boa fin de semana para os equipos do AD Zas que acadaron importantes victorias en cadansúa categoría. Repasamos cada unha das ligas nas que participan.
2ª división nacional
- Naronense – AD Zas Ponciano Nieto: 2-4
Chegou a esperada victoria na 2ª división nacional masculina do AD Zas Ponciano Nieto. Unha victoria que se fixo de rogar e mesmo parece que contaxiou ao resto de equipos sobre todo aos de 1ª galega que tamén gañaron os seus enfrentamentos. Foi esta unha boa xornada para o tenis de mesa de Zas que, ainda que non foron todos, gañaron a mairía dos equipos do club. Como se comprobou na liga KSAS de afeccionados - na que pode participar todo o que queira - onde houbo máis victorias que derrotas para os xogadores da comarca. Esto levanta os ánimos de todos e aumenta as gañas de entrenar e mellorar, esperando que siga así a boa racha.
A primeira victoria do AD Zas Ponciano Nieto neste estreo na competición de 2ª nacional masculina fíxose esperar pois xa é a 2ª xornada da 2ª volta e non foi fácil, xa que despois de gañar o primeiro partido Edu Quintela, Miguel Rey e Gonchu perdían os dous seguintes, Miguel moi axustado nos sets pero foron para o de Narón, poñiase o resultado costa arriba e parecía que os fantasmas da derrota volvían a merodear pola cabeza dos zasenses. Edu Quintela puxo a igualdade 2-2 e esto xa animou ao equipo e así Gonchu nun partido con moitos altibaixos superou 3-1 ao 3º xogador naronense e quedaballe a ocasión a Miguel de
conseguir a victoria sin ter que esperar aos dobres e estas ansias fixolle que perdera o 1º set pero logo, xa máis calmado no xogo, gañou os tres seguintes cun último set no desempate, que para calquera que non estivese presente pode imaxinarse a euforia da celebración del e do resto do equipo. Moi ben todos os do equipo pois dos que xogaron todos gañaron partidos e
mérito tamén para Brais que quedou un sen xogar pero que animou aos seus compañeiros entodo momento, e desexaba que se conseguisen antes as 4 victorias para tamén participar, si cabe máis, na celebración. Agora a manter este estado de ánimo e a pesar de que está moi difícil a permanencia xa se ve posible.
1ª división galega
- AD Zas Construcciones Cernadas – Recreativo Cultural de A Estrada: 4 - 1
Raúl López - Carlos Delgado (7-11, 11-8, 11-6, 9-11, 7-11): 2-3
Ana García – Álvaro Aido (11-5, 11-4, 11-4): 3-0
Stevo - José Ramón Ramos (11-6, 11-7, 7-11, 11-7): 3-1
Dobre (Ana-Raúl) - Dobre (Carlos-José) (11-4, 11-9, 10-12, 12-10): 3-1
Ana García – Carlos Delgado (11-5, 4-11, 12-10, 11-9): 3-1
Victoria cómoda do AD Zas Construcciones Cernadas que pudo ser máis contundente se Raúl López non desperdiciara unha ampla vantaxe no 4 set, pero eso non quita o mérito do seu bo xogo sobre todo despois nos dobres xunto cunha excepcional Ana García que gañou os dous individuais e foi a base nas victoria nos dobres. Stevo cumpriu no seu papel de recheo, superando en 4 sets ao seu rival. Cumpriuse así as gañas de revancha contra os de A Estrada con respecto ao encontro de ida que fora moi igualado pero que gañaran os estradenses por 4-3.
- CTM Lalín “B” – Concello de Mazaricos: 3 - 4
Marcelino Tuñez – José Ángel Lado (11-5, 5-11, 11-5, 11-6): 3-1
Alberto Méndez – Alex Blanco (4-11, 9-11, 4-11): 0-3
Breogán Soto – Javi Rodríguez (17-19, 11-9, 11-7, 11-8): 3-1
Dobre (Marce-Breogán) – dobre (Alex-José) (10-12, 11-3, 13-15, 11-8, 9-11): 2-3
Alberto Méndez - José Ángel Lado (6-11, 5-11, 4-11): 0-3
Marce Tuñez – Javi Rodríguez (11-5, 6-11, 12-10, 11-3): 3-1
Breogán Soto – Alex Blanco (9-11, 11-8, 4-11, 11-13): 1-3
Tamén acadou unha importantísima a victoria do Concello de Mazaricos en Lalín, que os volve a poñer con moitas opcións de acadar postos de ascenso, e non lles foi fácil, xa no encontro de ida en Mazaricos os de Lalín se levara a victoria, e o partiod clave foi o de dobres donde se impuxeron os mazaricanos con parciais moi axustados, pero é que alguna vez teñen que caer do noso lado, pois antes Javi perdía con Breogán tamén cuns parciais moi xustos. Moi ben Alex Blanco gañandoo todo e irregular José Ángel, que segue dando unha de cal e outra de área, pero o bo del é que sempre gaña algún partido. A peor parte do equipo para Javi Rodríguez que non da encontrado o seu ritmo de xogo para gañar partidos.
2ª división galega
- VTM Pinturas Figueiras - Arteal "B": 1-4
Julio Figueiras – Javier Darriba (11-9, 4-11, 4-11, 3-11): 1-3
Brais Touriñan – Gonzalo García (7-11, 8-11, 4-11): 0-3
Francisco Paz – Asier García (3-11, 11-8, 11-5, 11-6): 3-1
Dobre (Nico Paz- Julio) – Dobre (Asier-Javier) (8-11, 6-11, 11-7, 8-11): 1-3
Brais Touriñan – Javier Darriba (11-9, 3-11, 9-11, 6-11): 1-3
- VTM Pinturas Figueiras – Recreo Cultural de A Estrada “B” 4-0
Francisco Paz – Enrique Marín (11-4, 11-2, 11-4): 3-0
Julio Figueiras – Manuel García (11-8, 7-11, 11-5, 11-7): 3-1
Nicolás Paz – Pedro Varela (11-3, 10-12, 11-4, 11-4): 3-1
Dobre (Brais-Borja) – Dobre (Enrique-Pedro)(11- 5, 11-6, 6-11, 9-11, 11-9): 1-3
- Liceo de Noia “D” - SD A Baña 4-2
Pedro Sanles – Álvaro Pérez (6 -11, 11-8, 8-11, 11-9, 11-7): 3-2
Abel Laiño – Noelia Carnota (11-2, 11-9, 11-4): 3-0
Iago Ares - Pablo Ariel (11-2, 11-4, 11-1): 3-0
Dobre (Pedro-Abel) – dobre (Álvaro-Noelia) (5-11, 11-8, 11-5, 10-12, 9-11): 2-3
Abel Laiño – Álvaro Pérez (10-12, 6-11, 11-8, 11-7, 8-11): 2-3
Pedro Sanles – Pablo Ariel (11-4, 11-5, 11-4): 3-0
Crónicas da tempada
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Stevo Lema.