xoves. 01.05.2025
El tiempo

O AD Zas tenis de mesa segue sumando bos resultados

O AD Zas tenis de mesa segue sumando bos resultados
ad-zas-tenis-de-mesa Un 50 xogadores participaron o pasado sábado nunha concentración escolar de tenis de mesa que tivo lugar en A Picota Os equipos do AD Zas Tenis de Mesa continúan traballando duro nos entrenamentos despois dunha completa fin de semana á que ademais dos partidos de liga lle hai que sumar unha concentración escolar que tivo lugar o sábado pasado en A Picota. En canto a resultados, resalta a victoria do AD Zas Ponciano Nieto en A Coruña e ante un dos equipos da parte alta da táboa, loitando así ata o final. Tamén sobresae a victoria do concello de Mazaricos ante o líder do grupo, a contundente victoria do AD Zas Construcciones Cernadas en Conxo e a segunda victoria do AD Zas O Pinar. Na concentración escolar xuntáronse máis de 50 deportistas, a pesares das moitas ausencias, nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. As victorias estiveron repartidas para todos os clubes e colexios participantes: CPI A Baña, Outes, Liceo de Noia, concello de Vimianzo, AD Zas, Cee e o anfitrión concello de Mazaricos que agasallou a todos os participantes cunha bolsa coa merenda.

2ª división nacional

  • Club del Mar Promesas – AD Zas Ponciano Nieto    3-4

1ª división galega

  • Conxo Ponte de Ferro – AD Zas Construcciones Cernadas  0-4
  • Monte Porreiro Mixto – Concello de Mazaricos      2-4

2ª división galega

  • Liceo Noia “D” – Concello de Santa Comba             4-2
  • Recreo Cultural de A Estrada – AD Zas O Pinar       1-4
  • Arteal “B” – AD Zas Dimobel Bazar Baio                 4-0
  • Oroso Peluquería Tije – VTM Pinturas Figueiras     4-2

Resultados parciais:

2ª división nacional

  • Club del Mar Promesas – AD Zas Ponciano Nieto: 3-4
  • Hugo Iglesias – Brais Blanco : 3-1
  • Sergio Pérez – Gonchu: 2-3
  • Iago Blanco – Miguel Rey: 2-3
  • Hugo Iglesias – Gonchu:  3-0
  • Iago Blanco – Brais Blanco: 2-3
  • Sergio Pérez – Miguel Rey : 3-0
  • Dobre (Hugo/Sergio) – (Gonhu/Miguel): 0-3

Excepcional a victoria do AD Zas Ponciano Nieto ante un dos equipos da zona alta, se gañase este encontro estaría empatado no terceiro posto, e cunha fenomenal actuación de todos os xogadores, xa que todos gañaron un partido individual e, por fin, o partido de dobres. Se houbera que resaltar a algún sería a Brais Blanco que pouco a pouco vaille collendo o ritmo a esta división. Salientar tamén a fenomenal parella que fan Miguel e Gonchu ademáis de que tamén agora os partidos apretados e que se gañan 3-2 foron para os de Zas, recordando agora os moitos que se escaparon por ese mesmo resultado. Salientar que esta victoria foi con xogadores formados en Zas e que os xogadores tiñan un pique particular pois xa na primeira volta viran que se lles podía gañar.  Co equipo xa descendido os xogadores seguen dando o todo para seguir progresando e demostrándose a si mesmos que valiu e vale a pena esta experiencia.

1ª división galega

  • Conxo Ponte de Ferro – AD Zas Construcciones Cernadas: 0-4
  • Raquel Pérez – Ana García: 0-3
  • Fernando Suárez – María Castro: 2-3
  • Iván Batalla – Miriam Domínguez: 0-3
  • Dobre (Segade/Iván) – (Miriam/María): 0-3
  • Monte Porreiro Mixto – Concello de Mazaricos: 2-4
  • Martín Quintana – Javi Rodríguez: 3-2
  • Pablo Alonso – José Ángel Lado: 1-3
  • Manuel Lobato – Martín París: 3-0
  • Dobre (Martín/Lobato) – (Javi/José): 2-3
  • Martín Quintana – José Ángel : 1-3
  • Manuel Lobato - Javi Rodríguez: 1-3

Contundente a victoria do AD Zas Construcciones Cernadas, as chicas están nun momento dulce de xogo e demostranno en cada partido que xogan e non deron opción aos de Santiago. Un pouco de sorpresa foi a victoria do Concello de Mazaricos ante o líder do grupo, pero é que este perde moito sen o seu número un, con todo volven a senda das victorias os mazaricanos e as que nos tiñan tan acostumados na primeira volta.

2ª división galega

  • Liceo Noia “D” – Concello de Santa Comba: 4-2
  • Recreo Cultural de A Estrada – AD Zas O Pinar: 1-4
  • Arteal “B” – AD Zas Dimobel Bazar Baio : 4-0
  • Oroso Peluquería Tije – VTM Pinturas Figueiras: 4-2
Na segunda galega resalta a derrota de concello de Santa Comba ante o seu inmediato perseguidor e que agora o empata a puntos pero que salva o enfrentamento particular en caso de empate, perdería a segunda posición en caso dun empate a tres polo primeiro posto. Segunda victoria do AD Zas O Pinar e moi merecida en A Estrada e  eles mesmos se ven a meloría que tando. Nos outros dous encontros os resultdso foron os esperados a pesares de que Pinturas Figueiras si esperaba dar a sorpresa en Oroso.

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

    • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
    • Stevo Lema.
     

Comentarios