Mércores. 01.02.2023
El tiempo

O Anorthosis segue firme no alto da táboa

O Anorthosis segue firme no alto da táboa

O Anorthosis mantense líder do Grupo Centro da 2ª División Galega tras vencer con comodidade nos dous eqncontros desta pasada fin de semana. O cadro soneirán, con 4 vitorias e 1 derrota, mantén a primeira praza empatado co CTM Lalín B e por diante o Breogán Oleiros B. Pola súa banda, o Concello ce Zas está 10º, aínda sen coñecer a virtoria empatado cos pechacancelas Oroso Valoriza e Conxo Promesas.

Ademais, en 3ª houbo derbi caseiro no que a veteranía foi clave.

2ª División Galega Grupo Centro

  • Conxo Ponte de Ferro - Anorthosis Vimianzo (0-7) // (6-21).
  • Conxo Promesas - Anorthosis Vimianzo (0-7) // (7-21).

Fáciles as vitorias do Anorthosis no dobre desprazamento a Santiago. Se algún problema encontraron foi máis pola falta de concentración e interés nos partido s a disputar que pola categoría do rival. Con todo o 7-0 dos dous encontros di ben claro a superioridade do Anorthosis.

3ª División Galega Grupo Noroeste

  • Concello de Zas O Pinar - Concello de Zas O Gaiteiro (1-6) // (12-18).

No encontro de 3ª entre os equipos da casa solventouse para os máis veteranos pero para elo tiveron que suar a camiseta pois os novos veñen pegando forte e non deixan pasar a oportunidade de puntuar. Para o encontro de volta verase máis igualdade.

Vindeira xornada

Xornada completa a do vindeiro sábado 27 de outubro no ximnasio do CPI de Zas. Será interesante o primeiro encontro entre Anorthosis Vimianzo e Breogán Oleiros "D" donde os da Costa da Morte van a poñelas todas para continuar liderando o grupo.

  • 2ª galega grupo centro:
    - 16:00h: Anorthosis Vimianzo - Breogán Oleiros "D";
    - 18:30h: Concello de Zas Aquacenit - Breogan Oleiros "D".
  • 3ª galega grupo noroeste
    - 16:00h: Concello de Zas O Gaiteiro - Oroso Trastes;
    - 16:00h: Concello de Zas O Pinar - Oroso Peluqueria Tije;
    - 18:00h: Concello de Zas O Gaiteiro - Oroso Peluqueria Tije;
    - 16:00h: Concello de ZasO Pinar - Oroso Trastes.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

comentarios