Martes. 09.08.2022
El tiempo

O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado

O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado

Doble alegría esta fin de semana para o balonmán costeiro. Se por unha banda o Balonmán Camariñas Conservas Boya estreaba o seu taboleiro de vitorias na 1ª División, o Calvo Xiria espertou despois do mal sabor de boca da fin de semana pasada en Zamora. Os conserveiros podían co Cangas Explot. Mineiras do Morrazo nun Pavillón do Areal a rebentar, mentres que o Calvo vencía con claridade ao Seis do Nadal.

Despois destas vitorias, o Xiria colócase 3º na clasificación, mentres que o Camariñas sae dos postos de descenso e se coloca 11ª, 4ª pola cola.

Balonmán Camariñas - Cangas Explot. Mineiras do Morrazo (32-31)

  • Balonmán Camariñas: Cristian (p), Víctor (p), Lalá (p), Fari (1), Fabián (7), Felipe (1), Pombo (1), Borja (8), Moncho (3), Salva (3), Catalán (5), José Ramón, Xabi (3), Perón.

Vitoria moi traballada do Camariñas, que se impuxo a un gran rival e tamén recén ascendido Cangas Explot. Mineiras do Morrazo.
O Camariñas empezou moi ben, pero tivo un par de lagoas no seu xogo no ecuador de cada tempo, que case lle custa o partido. Partido, no que se conseguiu a vitoria a base de esforzo e temperamento, sabendo sobreporse aos fallos froito da bisoñez nesta liga tan complicada e emocionante. Partido dos que fan afección, pois a falta de 10 minutos perdía o Boya 25-28 e cun parcial de 7-3 remontou no marcador un encontro que nunca deu por perdido e que loitou ata o minuto final cun gol de Borja a falta de 15 segundos, cun cartón vermello para Felipe a 1 segundo do final, que terminou coas aspiracións visitantes.

Cómpre destacar polo Cangas a Menduiña e o porteiro Lagoa, e polo Camariñas a Fabián, Catalán e Borja.

Calvo Xiria - Seis do Nadal (34-25)

  • Calvo Xiria: Kike (Iago); Dubra (3), David (7), Álex García (1), Cuco (3), Jesús (1), Manu -equipo inicial- Pablo (16, 9p), Ángel (1), Ramón, Álex Zas (1), Sergio (1), Brais.
    • Marcador cada cinco minutos: 2-2, 3-4, 7-8, 10-10, 12-12, 16-13 (descanso), 17-15, 21-18, 23-18, 26-20, 30-23, 34-25 (final).

    Os "hombrecillos verdes" saíron a pista con moita fame e demostraron que cando fan o seu xogo son imparables. O partido comenzou cun Seis do Nadal forte e opoñendo resistencia ata o minuto 15 da primeira parte (7-8), con Dani Benaches demostrando que aínda lle queda corda para isto do balonmán.
    Pero, a partir dese momento, o Xiria apretou o acelerador. Ben asentados na defensa e cun ataque espectacular, conseguen darlle a volta para chegar ao descanso con 16-13 no marcador. No minuto 20, o porteiro local Kique é expulsado por provocar unha falta nun contraataque do equipo vigués

    A segunda parte foi un furacán. Todo o equipo defendendo con moita intensidade deixaba poucas opcions ao Seis do Nadal que non era quen de chegar a posicións claras de lanzamento e, cando o facían, atopábanse cun Iago inmenso, que varias veces fixo levantar aos Xiriareiros dos asientos coas suas intervencións.

    Defendendo así e correndo e atacando como sabe este equipo, as diferenzas non tardaron en aumentar. O éxtase chegou cando, nunha doble inferioridade, o equipo local marcou dous goles e, defendendo catro, os de Coia non conseguían lanzar. O furacán non parou e ao final a Morea Verde que enchía o pavillón dedicou unha ovación a este equipo, que de seguro dará moitas alegrías este ano.

    Javi Zas, baixa no Xiria

    Ao longo da semana pasada, o conxunto carballés anunciaba a baixa definitiva de Javi Zas. Motivos laborais levan ao xogador carballés a ter que ausentarse da comunidade galega por tempo indefinido. O central carballés continuará adestrandose con algún equipo da zona á que foi destinado para reincorporarse ao equipo no momento da súa volta.

    Vindeira cita

    • Zamora - Balonmán Camariñas, o sábado 15 ás 18:00h.
    • Lavadores de Vigo - Calvo Xiria, o sábado 15 as 19:00 horas.

    Máis información

    Crónicas 2011/2012

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Redacción de QPC ([email protected]).
    • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria. Colabora Dani Nelo.

comentarios