O Balonmán crece na Costa
A actualidade do balonmán esta semana vén cargada de novidades, máis aló da xornada, I é que o Xallas CF crea novos equipos nesta disciplina deportiva, ademais do nomeamento da carballesa Jessica Posse é a nova 2ª adestradora da Selección Galega Infantil.
Ademais faremos oo repaso ao partidazo vivido no Areal, nun deses encontros dos que fan afección; e de repasar a segunda derrota no Vila de Noia do Calvo Xiria no partido que o enfrontou ao Bm Porriño na novena xornada na liga de 1ª estatal masculina.
Quedan así o Calvo na 6 praza a 4 puntos do Zamora, mentres que o Camariñas segue asomando a cabeza e está de 12º con 6 puntos, empatado co Exp. Mineras do Morrazo e por riba do SAR e do Cinco Jotas.
Nova sección en Santa Comba
Segundo nos informa o delegado da Federación Galega de Balonmán na provincia de A Coruña, o carballés Bruno López, ex adestrador do Balonmán Encaixe entre outros, da creación dun novo clube de balonmán en Santa Comba. A labor de promoción desta modalidade comezada pola Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Santa Comba hai un ano e medio, tivo unha especial repercusión na vila xalleira, xa que actualmente xa conta co medio centenar de practicantes.
Así, a xunta directiva do Xallas FC, encabezada por Pedro Fernández, xunto cun grupo comprometido e ilusionado de nais e pais, son os principias artífices do nacemento desta nova sección. Ésta iniciativa que lle abre a posibilidade a todos os nenos e nenas de practicar o balonmán en Santa Comba, está a atopar os seus primeiros apoios nalgunhas entidades privadas que decidiron sumarse a esta causa, e fixeron que fose posible levala a cabo: Deportes Amarelle, Construcciones Barbeira e Hijos, Congelados Albramar, Imprenta Xallas, Deportes Alvite, Restaurante Casa Pego,…; ademáis dende o Balonmán Xallas FC amosan o seu especial agradecemento ao alcalde e a concelleira de deportes de Santa Comba, polo apoio amosado dende o primeiro íntre para o desenvolvemento deste novo proxecto deportivo.
A día de hoxe , o Balonmán Xallas conta con catro equipos distribuídos nas categorías de alevín e benxamín mixto, infantil feminina, e cadete masculina; este resultado foi posible gracias á colaboración dos colexios Barrié de la Maza, Pepe de Xan Baña, Nuestra Señora Inmaculada e IES Terra de Xallas que facilitaron a promoción e difusión do balonmán entre os máis cativos.
Precisamente carballesa Jessica Posse, unha das adestradoras da Selección Galega Infantil, é a coordinadora e adestradora do clube, facendose cargo dos catro equipos que compoñen a sección.
A pasada fin de semana o Balonmán Xallas concentrou a 150 deportitas de diversos puntos da provincia nos pavillóns de Fontenla e Traba, que estiveron xogando partidos de balonmán ao longo da mañá do sábado, ademáis o equipo cadete masculino desprazouse a Pontevedra a disputar un encontro amigable contra o Teucro, deixando unha boa imaxe e aproveitando para ver o partido de División de Honra B que enfrontou ao Teucro e o Alcobendas.
A carballesa Jessica á selección
Jessica Posse (Carballo,1989), entrou a formar parte do elenco de adestradores que representarán a Galicia no Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará en Murcia do 3 ao 7 de xaneiro de 2012. Jessica acudirá coma segunda adestradora da Selección Galega infantil Feminina, cargo que ostenta dende hai dúas semanas. A seleccionadora adestra semanalmente co equipo en Vigo, a principios de decembro acudirán a unha concetración a León que lles servirá de preparación para Campinato de España.
Crónicas da 1ª División Estatal
Balonmán Camariñas - Ademar Universidade de León (27-27)
- Balonmán Camariñas: Cristian (p), Víctor (p), Fari, Fabián (6), Felipe, Damián, Borja (11), Moncho (13), Catalán (5), José Ramón, Xabi (1), Perón (3), Antelo.
A igualdade marcou o devir do partido, pois salvo as máximas vantaxes 21-18 para o Camariñas e 23-25 para os visitantes, non foron máis que anécdotas nun encontro no que o lider visitaba O Areal. O Conservas Boya soubo aguantar a saída en tromba dos visitantes e en ataques rápidos púxose por diante no marcador, ensinándolle os dentes ao lider.
Os leoneses repuxéronse grazas ao a efectividade desde fóra da área da súa cañonero, Josu Goñi, para chegar ao descanso con lixeira vantaxe dos leoneses. Na segunda metade foi case un calco da primeira. Aguantou ben o Boya desnivelando o marcador ata conseguir a maior diferenza do partido 21-18, pero os do Ademar souberon tirar de oficio igualando o partido ata porse por diante a falta de 8 min. pero a caste camariñá acabou imponiendose igualando o resultado, ata a falta de 6 segundos cun roubo
in extremis do balón puido gañar o encontro, pero inxustamente os árbitros pitaron falta a favor dos
leoneses, que lanzaron fose xa co tempo terminado.
Destacar polo Camariñas a un Borja moi centrado.
Calvo Xiria - BM Porriño (27-33)
- Calvo Xiria (11+16): Iago[p], Cuco, Alex García, David (2), Miguel (1), Jesús (2), Manuel (5) -equipo inicial- Kike[p], Pablo (11, 3 de 7 metros), Ramón, Sergio, Dubra, Ángel, Alex Zas (6).
Partido dominado dende o minuto dez polo equipo porriñés que impuxo a súa forma de xogo. Foi quen de darlle ao partido o ritmo que máis lle interesaba, facendo ataques longuísimos, apurando en moitos casos ate que os colexiados indicaban aviso de pasivo (non chegaron a sinalar ningún na área carballesa) para finalmente acadar posicións de lanzamento cómodas. Non foi o día da defensa carballesa, pero tampouco do seu ataque que viu coma unha e outra vez as intervencións de Antón na portería porriñesa impedían subir tantos ao marcador en lanzamentos dende a liña de 6 metros.
As presas nos derradeiros quince minutos remataron con exclusións para o Calvo Xiria e cun Porriño que pouco a pouco foi conseguindo que medrase a diferenza no marcador para rematar levándose os dous puntos en xogo.
Vindeira xoranda
3>O vindeiro sábado 26 de novembro ás 17:30 xoga o Camariñas en Pontevedra, ante o Cisne.
Pola súa banda o Calvo visita a pista do penúltimo clasificado, o SAR Plastic Omnium, o sábado ás 18:30h.
Máis información
Crónicas 2011/2012
- Xornada 6: Doble vitoria a domicilio para Conservas e Calvo.
- Xornada 4: Mala semana para Calvo e Conservas pero grande data para un carballés internacional.
- Xornada 3: Conservas e Calvo caen fóra da casa.
- Xornada 2: O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado.
- Xornada 1: O Conservas segue pagando a novatadas e o Calvo ponse freo.
Novas relacionadas
- O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado.
- O Balonmán Camariñas refórzase con vellos coñecidos.
- O Balonmán Camariñas xa ten adestrador para a 1ª Nacional.
- O Conservas Boya competirá en categoría nacional.
- O Balonmán invade a Costa de norte a sur.
- Carballo vive unha febre verde chamada Xiria.
- A bitácora da semana (CIV): O blog Balonmán Camariñas .
- Do Xiria á selección española de promesas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria, e do Delegado da Federación Bruno López.