O Camariñas terá que sacar algo positivo de Carral

Esquenceu a Copa e apostou pola Fase de Ascenso o Camariñas e mantén as opcións intactas malia perder unha boa ocasión de sentenciar. Os de Manolín estiveron 2-0 logo de facer un gran primeiro tempo, pero unha segunda metade algo accidentada deixan estas táboas que obrigan aos camariñáns a gañar en Carral.

Xa poden ollar tamén todas as crónicas da ida dos Oitavos d Copa da Costa.

Camariñas - Carral (2-2)

  • Camariñas: Pombo, Pesqui (Carlos, min.80), Alberto (Adrián, min.88), Breo, Maikel, Moriño, De la Sierra, Josiño, Brais, Juan oBello, Javi (Nico, min.90).
  • Goles: 1-0, min.10: Juan oBello; 2-0, min.15: De la Sierra; 2-1, min.65: de penalti; 2-2, min.75.

O vento tamén foi o protagonista no Hermanas Patiño, nun encontro de garra e loita. Os de Manolín controlaron o primeiro tempo, e Juan oBello e De la Sierra aproveitaban as dúas primeiras boas ocasións para poñer vantaxe no marcador. Puido machacar o Camariñas ante un Carral que non saía do seu campo, pero pouco a pouco as forzas foron baixando.

O Carral subía filas e tralo descanso saiu a por todas. Un penalti tonto de Pesqui resultou o 1-2 e unha xogada de rebotes tras unha falta frontal acabou cun tiro que pasou entre 15 xogadores e se colou na meta de Pombo. Aínda tivo o meta camariñan que esforzarse para non recibir o terceiro e deixar a eliminatoria igualada para a volta, na que o Camariñas terá que sacar unha vitoria ou un empate con moitos goles.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Entrevistas QPC Deportes

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).