Venres. 04.10.2024
El tiempo

O Campus do ACB enche de actividades o verán ceés

O Campus do ACB enche de actividades o verán ceés
O pasado martes 3 de xullo púxose a andar, despois do do FSF Villa de Cee, o campus o X Campus ACB Costa da Morte de verán, organizado polo club e coa colaboración do concello de Cee. O club de baloncesto local de Cee está a desenvolver durante os meses de xullo e agosto, no Pavillón Municipal de Cee, unha nova edición do campus de verán que nesta ocasión incorpora transversalmente e simultáneamente un obradoiro de manualidades e un taller de inglés (cun profesor nativo). Para o mes de xullo inscribíronse (e xa están a partircipar nel) 58 nenos e nenas de 5 a 11 anos, todos os martes e xoves das 10:00 ás 13:00 horas. A procedencia dos rapaces non só son da vila de Cee senón que hai rapaces de concellos da comarca (Corcubión, Fisterra...)

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/50-nens-participan-no-campus-do-fsf-villa-de-cee/

Comentarios