O Campus do Balonmán Xallas acolle unha completa semana de charlas e divertimento
Ciclo de Charlas
En canto ás charlas Víctor comentou: “Son charlas básicas pero importantes, esas cousas que se dan por sabidas e nas que apenas ninguén incide; a xornada do xoves será orientada a todo tipo de adestradores, da igual a modalidade deportiva, falaremos dos principais perigos nunha instalación deportiva e sobre a xestión de grupos e dirección de equipo”; o vernes falaremos do comportamento con respecto á arbitraxe e das relacións pais-cogadores/as-adestradores/as; o sábado temos una sesión de balonmán moito máis específica, de metodoloxía básica, será teórica e práctica”. As charlas contarán con poñentes de gran nivel: Igancio Moyano é un dos adestradores máis exitosos de base do momento, Eduardo Patiño é un profesor e psicólogo con gran experiencia no mundo do balonmán e no deporte en xeral, Leyre Fernández é unha das colexiadas nacionais que está a ter máis protagonismo nos sectores de categorías inferiores e Fernando Mosquera, licenciado en medicina e con experiencia no deporte de élite.
Laura Carracedo, actualmente xogadora do AD Carballal de División de Honra Prata será das monitoras do Campus Balonmán Xallas 2018, amosou a súa alegría por poder voltar ao clube onde comezou a xogar ao balonmán, deporte que tantas alegrías lle está a dar.
A concelleira de deportes e alcaldesa de Santa Comba agradeceron este tipo de iniciativas para o concello e por suposto animaron á xente a participar, desexaron unha feliz estancia a todos os adestradores e poñentes durante esta semana na vila xalleira.