O carnotán Anxo Fernandez, recoñecido como Deportista Galego de Alto Nivel
12:30 04/08/16
O carnotán Anxo Fernández vén de ser reconecido como Deportista de alto nivel
Non é doado chegar. Pero este carnotán por agora ten chegado moi alto. O taekwondista Anxo Fernández vén de comprobar no DOG do 28 de xullo, que xa é considerado pola Xunta como Deportista Galego de Alto Nivel.
É o primeiro deportista do club Arte e Movemento que chega a este escalón, que lle permitirá gozar dos beneficios que para tal consideración se atribúan. Dende o club recoñecen que isto non é froito da sorte, nin só do talento, se non que é “o resultado do traballo, o esforzó, a constancia e a superación”.
Novas relacionadas
- Setembro 2015: O carnotán Anxo Fernández aspira ao título de campión de España Junior de Taekwondo.
- Marzo 2015: O carnotán Anxo Fernández, subcampión de España de Taekwondo sub-21 aos seus 17 anos.
- 2014: Dous carnotáns no máis alto do podio galego de Taekwondo.
- 2012: O carnotán Anxo Fernández, medalla de bronce no Campionato de España.
- 2012: Dous carnotáns fan historia no Campionato Galego Cadete de Taekwondo.
- 2012: O carnotán Anxo Fernández representará a Galicia nun Open Internacional de Taekwondo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).