Martes. 15.10.2024
El tiempo

O Carrumeiro bota os Optimist ao mar en Vilagarcía

O Carrumeiro bota os Optimist ao mar en Vilagarcía
Regata en Vilagarcia con participación corcubionesa

Comezou a temporada para os deportes acuáticos da Costa da Morte. Xa vimos aos piragüistas dumbrieses saltar ao río, e esta pasada fin de semana tocoulles scar os optimist aos bravos do Club Marítimo Carrumeiro (xa coñecimos de onde vén o nome do clube da man de Manuel Vilar). O cadro corcubionés acudiu a pasada fin de semana ao Campionato Galego ao Liceo Casino de Vilagarcía Clase Optimist, entre un total de 125 barcosque participaron divididos en dous grupos Ouro os 65 primeiros do Ranking e Prata os 60 restantes.

Non foi a mellor fin de semana para navegar pola falta de vento pero os nosos

O Clube chegou con 6 participantes:

  • Paula Trinidad Leo Patroa do Optimist As Hortensias.
  • Nicolas Toba Quinero Patrón do Optimist El Hórreo.
  • Elena Coronilla Jiménez Patona do Optimist El Insua.
  • Iosune Muíño Bermúdez de Castro Patona do Optimist Raio.
  • Ignacio Rodríguez Coronilla Patrón do Optimist Santitel.
  • Tomás Ferreiro Santos Patrón do Optimist Vodafone.
Marcos Trillo cos pequenos regatistas do Carrumeiro en Vilagarcia

Malas condicións

As condicións meteorolóxicas non acompañaron ao campionato, pois o sábado o vento era moi escaso en intensidade e variable en dirección, co que só se puido realizar unha manga ao longo de toda a xornada. O domingo o vento moi racheado e forte o que imposibilito a saída ao auga da flota, pasando as rachas dos 35 nós.
Houbo competición tamén o luns, que amencía cunhas condicións similares ás do sábado, pouco vento que só se definía na entrada dalgunha nube que aumentaba o vento e despois disipábase co paso do correspondente chaparrón, o que obrigou a que a flota permanecese no auga durante demasiadas horas e a unha temperatura moi baixa, para terminar realizando unha soa manga.

Bos resultados

Os resultados foron bos para ser a primeira proba. Unha das regatistas representante do Club Marítimo Carrumeiro, Paula Trinidad, lograba colocarse en 9ª posición ao finalizar o campionato. Elena Coronilla, pese a realizar un gran esforzo en toda a competición, foi sancionada ao realizar unha saída, con bandeira negra, co que a clasificación non reflicte fielmente os seus logros. Iosune Muiño logrou finalizar o campionato na posición 20 o que si demostra a súa mellora nesta competición pese a non contar co peso axustado para o exceso de vento nalgúns momentos.

As dúas novas incorporacións ao equipo, Nacho Rodríguez e Tomás Ferreiro, demostraron estar á altura da competición e ser dignos representantes do único equipo participante de Costa da Morte terminando a competición en posición 22 e 23 da clase Prata.

Vindeira proba

A próxima cita, terá lugar en Portosín o 16 e 17 de marzo en augas de Portosín, para celebrar o XI trofeo Berberecho (Copa Galicia).

Artigos relacionados

Novas relacionadas

  • Iago Canosa pon o listo moi alto nun prometedor arranque de campaña do Piragüismo Dumbría.
  • 18-10-12: Unha de vela dende o Carrumeiro ata Fisterra, Cee, Corcubión e Dumbría.
  • Fonte

    • Nota de prensa do Clube Marítimo Carrumeiro.

    Comentarios