mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Castrelo estreou Trofeo

O Castrelo estreou Trofeo
Castrelo e Camelle no Trofeo vimiances

Disputouse na tarde do sábado o 1º Trofeo de Fútbol do SD Castrelo. E iso que tiveron que aprazar o encontro dúas horas do comezo previsto, por motivos alleos a organización.

Pero foi unha boa festa do fútbol soneirán, cunha gran presencia na cantina, churrascada incluída, e as xentes de Camelle e de Castrelo disfrutaron dunha fermosa xornada.

Bo ambiente na Cantina do Municipal de Vimianzo+

Xa no meramente deportivo, o encontro comezaría o encontro adiantandose xa no minuto 2 un Camelle, que aproveitaria un mal rechace da zaga deportivista despois dunha falta lateral. O Castrelo empezaría a carburar trenzando boas xogadas e prantádose, en numerosas ocasións díante do porteiro camellán Jimy. Chegaría así as táboas no marcador, cando Suso despois dunha internada por banda remata o fondo da rede. Estaba o Castrelo gozando dos mellores mínutos do encontro, cando nun centro case dende o currunxo o dianteiro do Camelle atina a empurrala. Case o final da primeira parte, o vimiancés Capote, resolve sen dificultades un contragolpe, que suporía o empate a 2.

Á saída dos vestiarios, os dous equipos baixarón o ritmo, sen un dominador claro, o encontro covertiriase nun ir e vir de ocasións. No minuto 50 o Camelle faría o 2-3 despois dun contragolpe propiciado por unha perdida en 3/4 de campo que os colleo descolocados, sería no minuto 63 cando Quintáns aproveitou un rechace dentro da área pequena a saída dun corner, para facer o 3-3 definitivo. Resolveríase esta 1ª edición do Trofeo do SD Castrelo, na quenda de penaltis, mostrariase o equipo deportivista máis confiado dende os once metros, que tras 4 lanzamentos, conseguiria a vitoría por un 4-2 nos penaltis.

O rematar o encontro, e antes de disfrutar todos xuntos duns pinchos, o Presidente da SD Castrelo Estebo, faría entrega do trofeo de gañador o SD Castrelo, como tamén o vimiances Capote como mellor xogador do partido.

O Castrelo ganou o seu trofeo

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios