Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Circuito de Xadrez segue sementando amor por este deporte na bisbarra

O Circuito de Xadrez segue sementando amor por este deporte na bisbarra
O esteiran David Larino ganou en Cabana O esteirán David Lariño ganou en Cabana

Outra cita esta fin de semana co xadrez, demostrando que este deporte é xa toda unha potencia na bisbarra. Cabana acollía o II Torneo Concello de Cabana de Bergantiños, IX proba do Circuíto Intercomarcal de Xadrez, no pavillón Polideportivo de Cabana situado na zona das Revoltas. Unha cita á que acodían 59 xogadores de varias partes de Galicia: Verín, Ourense, Vigo, Sanxenxo, Chantada, Lugo, Padrón, Rianxo, Santiago, Val do Dubra, Ferrol, Coruña, Cambre, Arteixo, Carballo, Malpica, Muxía, Zas, Mazaricos, Corcubión, Vimianzo, tamén tivemos de fóra de Galicia xogadores de Madrid e Asturias. O nivel era moi alto cos GM Aleksa Strikovic e David Lariño (actual campión de España desta modalidade de ajedrez rápido) e os MI Carlos Suárez, Arián González, Diego Espiñeira e 3 MF Fernando Sánchez, Antonio Pazos e Marcial García.

O torneo decidiuse na última rolda tras unhas emocionantes partidas, chegaban líderes Strikovic e Lariño con 5,5 puntos e con 5 viñan os MI Suárez, González e o MF Sánchez, Strikovic non pasou do empate ante Suárez mentres que Lariño impoñíase nunha tola partida ante Arián e Sánchez gañaba a Pazos. Deste xeito, o GM David Lariño (actual campión de España, de Esteiro pero xoga no Xaquedrum de Lugo) proclamábase vencedor do torno con 6,5 puntos, 2º quedaba o GM Aleksa Strikovic (Serbio residente en Galicia e que xoga por Chantada, que levaba 5 vitorias noutros 5 torneos o circuíto) 3º MF Fernando Sánchez do club de Rianxo ambos con 6 puntos.

Houbo premios especiais e por categorías (repartíronse 800€ en moitos trofeos), destacando a vitoria do corcubionés Ramón A. Franco do Cabo Touriñán en sub-1600; ou de Francisco Abella, histórico impulsor do xadrez en Cabana e en boa parte da Costa da Morte e profesor no colexio local, de Veteranos. Tampouco fallou Darío Lema do Cabo Touriñán que segue arrasando en sub-8.

Quedan por disputarse varias probas: o 30 de setembro Malpica; o 1 de outubro en Cerceda e o 12 de outubro, a clausura e torneo final en Muxía. Toda a info e as clasificacións do circuíto pódense consultar na web oficial www.pokeryajedrez.com.

As ANPAS anótanse ao xadrez

Xa contamos que as ANPAS apúntanse á moda do Xadrez e xa teñen as primeiras citas da súa Liga. Ponteceso, Carballo e Mazaricos acollerán probas entre outubro e novembro, e xa podedes inscribirvos ata o 10 de outubro en www.fedanpas.org.

Novas do Circuito

Máis novas

Fonte

Comentarios