O Club Arte e Movemento comeza a nova temporada de baile, taekwondo e Kick-boxing
20:36 27/09/10
O Club Baile Deportivo Arte e Movemento comeza unha nova tempada. Xa empezan os cursos de baile de salón para nenos e para adultos, tanto na escola en Cee, como nos distintos concellos da comarca.
De feito, os grupos da escola en Cee xa comezaron con moita asistencia, tanto dos avanzados que xa levan anos asistindo e formándose, como dos que se inician neste curso.
Clases de baile
Compre lembrar que as clases de baile de salón van dirixidas ós nenos, pero tamén ós adultos, que o pasan en grande aprendendo a moverse ós diferentes rítmos, coñecen xente, e practican así un deporte que poden compartir coa súa parella.Centros da bisbarra
Tamén comezaron as inscripcións para os distintos concellos onde impartiremos clases de baile de salón:- Concello de Vimianzo (adultos)
- Concello de Zas (adultos)
- Asociación Adro de Baio (nenos e adultos)
- Anpa Nosa Señora do Carme de Fisterra (nenos e adultos)
- Concello de Carnota (nenos e adultos)
- Concello de Santa Comba (nenos e adultos)
- Concello de Muros (adultos)
Taekwondo
Dalle a todo o clube, e proba delo é a participación en deportes de contacto. A temporada no Club taekwondo Arte e Movemento comezou tamén co doble de inscritos na escola de Cee, a maioría de eles pequenos. Tamen comezaron as inscripcións para os distintos concellos:- Concello de Vimianzo.
- Anpa Nosa Señora do Carme de Fisterra
- Concello de Carnota
- Concello de Muxía
Club Kick-boxing
Así. o Club Kick-boxing tamén está nesta final de mes con todos os deportistas ó máximo rendemento. Non faltou ningún, tras un descanso de 2 semanas en agosto, todos foron arrancando motores.Máis información e inscricións
Para anotarse a todos estes cursos poden consultar con Arte e Movemento no telf. 607 323 391 ou nos distintos servicios de cultura e deportes dos concellos.Novas relacionadas
- O Bad Romance de Carnota no Megaplayback de Antena3.
- Triple podio de Arte e Movemento na última sesión de baile do curso de Porriño.
- Máis de 1.500 persoas disfrutaron da beleza das artes marciais en Cee.
- A escola Arte e Movemento baila e pelexa.
Fonte
- Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.