O Club Cee Deportes de Contacto comeza nova tempada cunha ampla oferta deportiva
Comeza 2017 e é un magnífico momento para facer efectivos eses propósitos que nos fixemos cas badaladas. Facer máis deporte e poñerse en forma sempre entra dentro deses plans e se che gustan os deportes de contacto é o momento. O Club Cee Deportes de Contacto comeza o ano cunha ampla oferta deportiva.
”O deporte, o traballo en equipo e a superación persoal son os protagonistas dos nosos adestramentos”, explícanos Eloy Cambeiro, un dos membros da directiva. “A través da práctica das disciplinas de Taekwon-Do ITF e Kick Boxing, entre as nosas filas contamos dende compañeiros de 5 anos, ata o noso veterano taekwondista de 65”. Así que non hai excusa de idade, nin de forma física, para participar.
Como dato importante Cambeiro explica que “nos nosos adestramentos o límite o pon a persoa practicante sin que en ningún caso se lle esixe máis do que será capaz de dar, nin se lle pon ante retos inaccesibles, logrando unha evolución que mellore a confianza e a autoestima, nun entorno de amizade, saúde e deporte”.
Así, os luns e os mércores están no pavillón polideportivo de Brens (Cee) nos seguintes horarios:
- - Taekwon-Do:
- 18:00-19:00h: de 4 a 6 anos);
- 19:00-20:00h: Cintos baixos;
- 20:00-21:00: Cintos altos. - Kick Boxing:
- 21:00-22:30h.
Máis información e inscricións
Podes poñerte en contacto pasando polo pavillón de Brens nas horas de adestramento, a través do Facebook “Club Cee Deportes de Contacto”, a través do correo
Novas relacionadas
- Outubro 2016: Tres novos cintos negros, de categoría, para a comarca.
- Abril 2016: Os Deportes de Contacto de Cee e o CEIP de Corcubión únense por unha recollida solidaria para cos refuxiados de Lesbos.
- Febreiro 2016: Fin de semana de superación persoal no pavillón de Cee.
- Setembro 2015: En marcha unha nova temporada para o Deporte de Contacto en Cee.
- A Costa da Morte afianza o seu poderío en Kick Boxing e Karate.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Eloy Cambeiro, de Deportes de Contacto Cee.