O Concello de Zas Aquacénit fai o traballo do Anorthosis


Partidos moi intensos e moi igualados os que se disputaron o pasado sábado no ximnasio do CPI de Zas, sobre todo nos de 2ª Galega. Se nos fixamos que nos sets gañou máis o equipo que perdeu o encontro xa nos damos conto do igualados que foron os dous encontros.
E saltou a sorpresa pois o Anorthosis, que estaba líder, caeu ante o Breogán Oleiros D, mentres que era o Concello de Zas Aquacenit o que sorprendía aos coruñeses aproveitando o cansazo. Con todo o Anorthosis segue no alto da táboa dun grupo, que como na temporada pasada semella moi igualado ou quizais aínda máis.
2ª División Galega Grupo Centro
- Anorthosis Vimianzo - Breogán Oleiros "D" (3-4) // (14-12)
- Concello de Zas Aquacenit - Breogán Oleiros "D" (4-3) // (14-15)
No encontro do Anorthosis volvéronse a ver puntos con intercambio de moitos golpes (de bola) que alargaron moito os partidos. Ademais nos que se chegou ao 5º set este favoreceu sempre aos de Oleiros e por eso se levaron a vitoria ao final. Os 3 puntos do Anorthosis foron conseguidos por Ángel, Marce e o dobre de Roi e Marce.
En canto ao Concello de Zas Aquacenit, os 3 xogadores Miguel, Stevo e Gonchi, fixeron un encontro moi completo onde cada un gañou un partido individual que xunto co dobre de Miguel e Gonchi deron a vitoria para os da casa. Mencion especial ao partido de Gonchi contra Dani Sánchez, no que fixeron falla 3 bolas de partido para conseguir o triunfo.
3ª División Galega Grupo Noroeste
- Concello de Zas O Gaiteiro - Oroso Trastes (7-0) // (21-2)
- Concello de Zas O Pinar - Oroso Trastes (7-0) // (21 - 7)
Nos encontros de 3ª, normais vitorias dos xa veteranos xogadores de Zas ante os principiantes de Oroso, a pesar de que estes xa fixeron frente en máis dun partido.
Novas relacionadas
- O Anorthosis segue firme no alto da táboa.
- Anorthosis e Aquacenit caen a puntos.
- Unha de cal e unha de area para os equipos costeiros de tenis de mesa.
- Gran expectación para o derbi de tenis de mesa que abríu a tempada.
- A renovada familia Anorthosis comeza o curso a base de churrasco.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.