luns. 11.11.2024
El tiempo

O Conservas segue pagando a novatadas e o Calvo ponse freo

O Conservas segue pagando a novatadas e o Calvo ponse freo

Doble derrota do balonmán da zona na segunda xornada da Liga de 1ª División Estatal masculina. O Bm. Camariñas non podía co OAR Coruña e segue pagando a novatada da categoría. Pola súa parte o Calvo Xiria, do que este curso faremos un seguemento completo, non puido sacar nada positivo de Zamora, caendo pola mínima.

O.A.R. Coruña - Bm. Camariñas (31 - 23)

  • Balonmán Camariñas: Cristian (p), Víctor (p), Alan (5), Fari (2), Fabián (6), Felipe (1), Pombo (1), Quin, Moncho, Salva (2), Catalán (2), José Ramón (1), Xabi (3), Perón (1).

O partido comezou cun Camariñas tratando de ti a ti a todo un equipo como o OAR da Coruña, con alternativas no marcador durante todo o primeiro período, e onde as máximas vantaxes foron de dous goles para cada un dos dous equipos 6-8 e 12-10.
Pero na segunda metade serviu para ver a outra cara da moeda dun Camariñas nervioso e moi impreciso, onde cada xogada terminaba cunha perda de balón ou unha exclusión.

O equipo conserveiro non mereceu unha derrota tan abultada no San Francisco Javier, mereceu perder polas súas imprecisións na última metade, pero a diferenza no marcador non é fiel reflexo da diferenza dos dous equipos, pero si da súa actitude ante o partido.
Destacar polo Camariñas a Fary, Xavi e o primeiro tempo de Victor, e polo OAR aos seus porteiros e a Miguel Lozano e Aitor.

Bm. Inzamac Zamora - Calvo Xiria (37-38)

  • Calvo Xiria: Kike [p], Pablo (5, 2 de 7 metros) Ramón (1), Alex Zas (4), Jesús (5), Manu (4), David (6) -equipo inicial- Iago [p], Naya [p], Javi Zas, Ángel (1), Dubra (6), Alex García (5), Brais.

Os dous equipos comparecían con dous puntos no seu casilleiro logo de sendas vitorias obtidas na primeira xornada. Resultou un partido entretido, sobre todo para a grada que vía como os goles subían a un e outro casilleiro de xeito continuado, e competido ata o pitido final.
Non foi o día da defensa carballesa que viu coma unha e outra vez os xogadores do Inzamac acadaban cómodas situacións para lanzar, como dato cabe sinalar que só se sufriron tres exclusión ao longo dos sesenta minutos. Especialmente Magadán foi un pesadelo para a, no día de hoxe, feble defensa do Calvo. Ainda así de agradecer, para que o marcador non fose de escándalo, a labor dos porteiros do Xiria, ao igual que os seus compañeiros hoxe de fatigas do Zamora.

Con este escenario e un rival que aínda con algo máis de intensidade defensiva, pouco maior acerto, o equipo que aproveitara mellor os lanzamentos de seis metros ía levarse o gato a auga. Así foi e os casteláns acadan a segunda vitoria noutras tantas xornadas e seguen no grupo que encabeza a táboa clasificatoria.

Vindeira xornada

  • O vindeiro sábado ás 18:30 O Bm. Camariñas recibe ao Cangas no Areal.
  • O Calvo Xiria xogará no Pavillón Vila de Noia ante un reforzado e renovado Seis do Nadal, o sábado 08 de outubro ás 18:30 horas.

Un carballés internacional

Ademais queremos destacar a convocatoria do xuvenil carballés David García Pichel para participar coa selección española xuvenil de balonmán no Torneo Scandibérico, que se celebrará entre os días 18 e 23 de outubro en Dinamarca.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios