Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Corme, líder sólido en xuvenís

O Corme, líder sólido en xuvenís
Con máis da metade do campeonato disputado, o Corme lidera a clasificación na Liga Xuvenil costeira, con 5 puntos de distancia sobre o San Lorenzo e 7 sobre o Fisterra. Os cormeláns van con paso firme a polo título, que lle dará opcións de xogar a fase de ascenso a Liga Galega con máis vantaxe que o 2º clasificado. A canteira azul, coma sempre, está a dar bos froitos este ano, con moitos nenos que xa participan no equipo senior e que aseguran o relevo xeracional por moitos anos. Falamos co seu adestrador, o ex xogador Manuel Suárez, máis coñecido por Lelo ou Cordobés, como prefiran. Central aguerrido nas súas épocas de futbolista, agora é un adestrador amante do bo fútbol e de potenciar ós rapaces, na liña de sempre do Corme. Isto nos contou. QPC - Parece que sodes o máximo aspirante ó título. En algún momento tedes o ascenso como obxectivo? .A nosa aspiración segue sendo a mesma de sempre, que é a de competir cada partido para formar xogadores para o primeiro equipo.E despois, se o adestrador do primer equipo considera ascender a algún xogador,nos encantados.Ese é o único ascenso que nos preocupa en Corme. QPC - Que tipo de equipo tes entre mans este ano? Non sei se son eu o mais adecuado para responder esta pregunta ,pero bueno.... Primeiro creo que somos con todo o que significa a palabra, EQUIPO. Segundo destacaría o sacrificio sin balón. Terceiro a capacidade de amoldarnos a diferentes maneiras de xogar. QPC - Cales son os xogadores que máis destacan na nova fornada do Corme? Pódese decir que nos temos unha columna vertebral ben definida, ,Aitor central, Eloy medio centro, Manu mediapunta e Samuel dianteiro, pero temos dous xogadores dos que ninguén fala e son como se di sempre os que os adestradores queremos sempre con nos. Javi que xoga ben donde o poñas. E Mauro, que pelexa todo de todo e contaxia o equipo enteiro. QPC - Por que cres que ós equipos da Costa lles resulta tan difícil ascender a ligas galegas? Creo que son un cúmulo de cousas, primeiro que ós clubs non lles interesa economicamente, segundo os equipos cóstalles moito ter plantilla suficientes pa competir varios anos seguidos, se miras os equipos de superior categoría son equipos de pobos grandes ou equipos da Coruña que teñen donde buscar rapaces. É moi difícil. Corme e Fisterra xuvenis saltando ao Cairo-Foto-Fin Lema QPC - Que tipo de adestrador eres? Teriaslle que preguntarllo os xogadores....jajajaja Moi cercano ó xogador, dialogante e seria mais estricto se tivera mais plantilla.....jajajaja QPC - Cal é a túa meta como adestrador? A corto plazo intentar que esta xeración de rapaces acaben xogando en senior. A longo plazo non podo aspirar a moito por temas laborais, seguir formándome e aprendendo ,e adestrar o primer equipo seria un soño cumplido.

Comentarios