O Depor Campus volve espallar as cores branquiazuis por Bergantiños


Boa ocasión para ver aos nosos cativos ca camisola branquiazul e para seguir espallando a semente deportivista, clave na pelexa contra os virus merengues e blaugranas que ameanza a poboación (que non se nos enfanden os madridistas e barcelonistas, pero a nosa obriga é fomentar o amor polo equipo da provincia).
Os Dépor Campus 2015 celebraranse este verán, durante todo o mes de xullo, en varios puntos de Galicia. Nesta ocasión, ademais do Dépor Campus de Abegondo, que cumprirá xa catorce edicións, volve, por segundo ano, a Carballo.
As Eiroas acollerá do 13 ao 17 de xullo o II Dépor Campus de Carballo e xa podes inscribir ao teu pequeno descargando a folla de inscripción [pdf] e enviándoa a través de deporcampus@canaldeportivo.com ou no 981 259 500 pódense coñecer máis detalles sobre os Dépor Campus 2015.