Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Dumbría comeza a temporada dun xeito espectacular nas Ligas Galegas

O Dumbría comeza a temporada dun xeito espectacular nas Ligas Galegas
Cadetes do Dumbria na Liga Galega Cadetes do Dumbría na Liga Galega

O inicio das categorias inferiores do C.F. Dumbría está sendo máis que positivo. O traballo realizado tras pasar as 5 primeiras xornadas é tremendamente satisfactorio para toda a familia dumbriesa, despois ademais de ir superando algún que outro contratempo, xa sexa en forma de lesións ou baixas de última hora por mor dos estudos.

Pero a realidade é que tanto os Cadetes como os Xuvenís están dando o "do de peito" nas Ligas Galegas. Un comezo que só ratifica o bo traballo de canteira do club dumbriés, que vence ano tras outro o premio outorgado ao Mellor Club Base nas Galas do Fútbol da Costa-QPC.

E iso que cada ano está máis caro manter a categoría autonómica, e "detrás de todo isto hai un gran e oscuro traballo que permite que a dia de hoxe 50 rapaces da Costa da Morte poidan competir con grandes canteiras de Galicia", explícanos o coordinador de base do club, Óscar Leis. "Ese é o gran obxetivo, que os nosos rapaces poidan competir e disfrutar dunhas categorías importantes e seguir crecendo e formándose".

Leis fai unha reflexión sobre os detalles que marcan este comezo de tempada. "Por exemplo, en xuvenís, o cambio da plantilla foi amplo con perda de xogadores importantes, igual que nos cadetes onde un grupo moi importante de rapaces pasaron de categoría e a día de hoxe a plantilla cadete ten moitos xogadores novos de primeiro ano e que non tiñan experiencia en Liga Galega pero que a base de traballo están a realizar un comezo fantástico. De feito, mesmo nesta última xornada disputada en Lugo ante o Milagrosa debutou un infantil no 11 titular".

O propio Leis tamén lamenta que "a situación xeográfica na que nos encontramos merma o noso potencial en comparación sobre todo coas grandes cidades onde confeccionar plantillas do nivel esixido para estas categoría tan competitivas é moito máis fácil. Pero con esforzo e sacrificio suplimos esas dificultades e trataremos de que esta idea perdure no tempo para que os xogadores da Costa da Morte sigan disfrutando dunhas categorías nas cales competir axuda o crecemento deportivo dos nosos rapaces".

Oscar Leis recollendo o trofeo ao Mellor Club Base para o Dumbria na Gala 2018-Foto-David Castro Oscar Leis recollendo a mans de Alberto Pose o trofeo ao Mellor Club Base para o Dumbría na Gala do Fútbol da Costa QPC 2018-Foto-David Castro

Os cadetes, líderes de toda unha Liga Galega

Como obxectivo da permanencia comezan os Cadetes de Nando esta temporada. Pero parece que este grupo non se conforma con eso, e a día de hoxe lideran a clasificación da Liga Cadete no seu grupo 1º. Un liderato que é froito dun inicio espectacular de tempada con 5 vitorias en 5 partidos. Ante os rapaces costeiros xa caeron Orillamar (0-1) Racing de Ferrol ( 1-2) e S.C.D. Milagrosa (1-3) lonxe da Costa da Morte e no Conco doblegaron a dous dos equipos que deben estar nos postos altos da  clasificación, Oroso (4-3 ) e Calasanz (1-0 )

Todo bo resultado ten detrás de si un bo traballo e neste caso estes 5 resultados son gracias a un gran esforzo dunha plantilla comprometida e un corpo técnico que saca o mellor dun grupo de rapaces dividido entre xente de primer ano sen experiencia na categoría e xente de segundo ano que xa sabe o que e competir nunha liga esixente.

Nando ten con el a Samuel Quintáns, máis coñecido como Canario, un rapaz da casa que dende o fútbol 8 pasou por todas as categorías do club sendo a día de hoxe un xogador importante do primer equipo. Ninguén  mellor que el, que viviu todos e cada un dos ascensos das categorías inferiores, dentro do campo para completar un grandísimo corpo técnico onde Julio Vila e Lucas Toba colaboran no traballo semanal con Nando a cabeza.

Cos pés no chan a pesar do liderato e coa idea clara de que o obetivo principal de este grupo debe ser a salvación e a seguir crecendo e formándose.

Máis que un bo comezo para os Xuvenís

O inicio de tempada deixa unhas sensacións moi positivas. Gañarlle a este grupo de rapaces vai ser difícil, compiten cunha intensidade grande e non exento de calidade e desenvoltura. Os xogadores de Pablo Conde e Joaquín van seguir crecendo ao longo da tempada e debemos ter en conta que este grupo sufriu moitas baixas importantes polo paso a categoría senior como Jorge, Eloy, Pablo Paz, Borja, Xabi. A estas importantes baixas hai que sumarlles as de Fabio e Martín que este ano están a competir nunha categoría superior no Calasanz de Liga Nacional algo que desde o club se valora positivamente pois sempre que os rapaces progresan e un motivo de orgullo para o C.F. Dumbría. Por último e non menos importante foi a baixa de Mario, un rapaz que a tempada pasada fixo unha tempada espectacular e que os estudos o levaron fóra de Galicia o cal lle impide axudar os seus compañeiros.

No capítulo de incorporacións cabe destacar o retorno de Brandon, un dianteiro que ten o gol sempre en mente. Con el tamén chegou Carlos porteiro natural do Pindo e que nas últimas tempadas defendeu a portería do Cee; e Dylan, xogador que xa estivo antes no Conco. A estas incoporacions hai que añadirlle os rapaces que subiron dende o cadete, os Sendón, Berto, Diego, Xan, Samuel, Brais, son o futuro de esta categoría e están aportando xa moitas e boas cousas .

Ao frente de esta categoría están Pablo Conde, un home da casa e que está a facer un gran traballo nas últimas tempadas, como xa antes o fixo como xogador do Club. Con el esta Joaquín Quintáns que tamen adestra no fútbol 8 do club desde fai unhas tempadas. Ambos traballaran para seguir formando un bo grupo de rapaces e lograr o obxetivo principal que non e outro que a permanencia.

Os xuvenís arrincaron a competición no Conco impondonse con claridade a Escola da Estrada por 4-0. Na segunda xornada viaxaron ata Coruña para enfrentarse o Victoria onde lograron 1 punto tras empatar a un gol, só a mala puntería privou o equipo de volver cos tres puntos en xogo. De volta xa no Conco na terceira xornada o equipo volveu a senda do triunfo, un triunfo sufrido pero merecido e que non se puido lograr ata o último minuto onde Brandon fixo o segundo gol para levar o equipo o triunfo. Novamento tocou viaxar ata a Coruña, esta vez para enfrentarse o Ural e de novo se sacou un punto en terras da Coruña. Brandon con un hat trick propiciou que o equipo estivese moi cerca de sumar os 3 puntos pero os últimos minutos condenaron a un equipo moi lastrado polas lesions nesta 4 xornada pero a pesar de iso sumaron un novo punto. A quinta xornada trouxo o Conco a todo un Compostela, un equipo que debe estar nos postos altos da clasificación e de feito xa está. Os rapaces do Dumbría fixeron un derroche físico e de bo fútbol para contrarrestar o poderío compostelano pero unha rigurosa expulsión no minuto 20 condicionou o partido. A pesar do contratempo o equipo raiou a un gran nivel e mereceu puntuar ante un dos favoritos pero unha acción desafortunada trouxo un autogol que o significou a victoria dos de Santiago ante un Dumbría que nunca a pesar dos contratempos se deu por vencido e estivo loitando e creando ocasións ata o ultimo segundo.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/oscar-leis-fabricante-de-milagres-en-louro/

Comentarios