O Estética Raquel mantense invicto no ecuador das Ligas de FS de Cee

Chegamos ao ecuador das Ligas de Fútbol Sala de Cee. E continúa a pelexa máis igualada ca nunca, sobre todo na 1ª.

1ª División

Mantense sen coñecer a derrota o Estética Raquel. O cadro muxián vencía esta semana ao Carnés, o pechacancelas, pero non pode despistarse pois o Mesón A Cantina mantense a só 1 punto. A Cantina sufría para superar ao MáisDeporte-O Xardín, co que abre unha fenda de 7 puntos. Os ceenses puidéronse ter metido na pelexa polo título pero a derrota por 4-5 os alonxa.

En canto aos pichichis, segue o fisterrán Bruno, da Cantina, pichichi con 20 goles, con moita vantaxe sobre Ángel, do Sar, con 12, ou Miguelón e Dudo de MaisDeporte, con 11 cada un.
Ademais, Santi Papi, o muxián do equipo líder, leva 13 encaixados, polos 21 de Fran, do Sar.

2ª División

Na 2ª a cousa está máis clara. O Panadería Pichín, tamén invicto, mantense de líder, con 23 puntos, despois de gañar con solvencia ao Talleres Paco. Por detrás, alónxase o Ferralla San Mamed, con 19, que non pasaba do empate ante o Carpintería Os Muíños. Ademais, o Pescados Corcubión mantense na 3º praza con 17 puntos, despois de gañar ao pechacancelas, A Cascada.

Fran Pioto, o veterano do Estrella Roja, segue pichichi con 13 goles, polos 10 de Rubén, de Os Muíños e de Álvaro, de Pichín.
Ademais, Víctor, do San Mamede é o porteiro menos batido con 14 goles, polos 15 de Bouzón, do Pichín.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).