MáisDeporte comeza avisando na Liga de FS de Cee


Unha vez disputada a primeira xornada, xa temos recollidos os resultados e clasificacións da 1ª División e 2ª División da Liga de Fútbol Sala Sénior de Cee 2014-2015. E xa temos aos favoritos en cabeza.
I é que unha vez disolto o mítico equipo vimiancés que leva dominando a competición nos últimos anos, o cadro do Baíñas FS, este curso baixo o nome dun amigo noso, Máis Deporte Cee/O Xardín, comezaba goleando ao Montaxes Quintaplast e se coloca de líder da 1ª División. Con eles, tamén vencían o Auto Xallas ao Carnés FS, o Estética Raquel ao Panadería León; o Ferroaltántica ao Clínica Sar e mais A Cantina ao Antoxos.
Quedou sen empates esta primeira xornada, na que o máximo goleador foi Miguelón, do líder, con 4 tantos, polos 3 de Jayolo, do Quintaplast.
Xa na 2ª División, o que queda daquel mítico equipo campión, parece que vai demostrar que aínda ten moito fútbol. Os veteranos vimianceses, con novas caras, endosaban un set, baixo nome do novo “Estrella Roja”, ao Bar Toba-Noacar.
Fran Pioto, do líder, é o máximo goleador da 2ª, empatado co corcubionés Kali, da Tasca O Ribeiro, con 3 goles.

Máis información
- FutboldaCosta: 1ª División da Liga FS Cee.
- FutboldaCosta: 2ª División da Liga FS Cee.
Novas relacionadas
- Arrincan as Ligas de FS Cee.
- Comeza o Futsal en Carballo.
- Copa 2014: O Ganados Maroño tomouse a revancha co Baíñas na Copa-Maratón de Cee.
- Lira 2014: O Baíñas colle o relevo na Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Liga 2014: Liga FS Cee: O Quintaplast campión da 2ª mentres a 1ª espera polo gran derbi vimiancés.
- Fin de festa espectacular para a gran temporada da Liga Futsal Carballo.
- Liga 2013: A Cercevería Atrio volve gañar a Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Liga 2012: O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).