Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Ganados Maroño tomouse a revancha co Baíñas na Copa-Maratón de Cee

O Ganados Maroño tomouse a revancha co Baíñas na Copa-Maratón de Cee
Foto grupo 1 e 2 XXVIICopaFS Cee 2014

Fantático o ambiente da XXVII Maratón Copa Fútbol Sala Concello de Cee 2014. O bo ambiente foi protagonista no pavillón nas dúas xornadas demostrando a potencia que ten esta competición, na que xogan grandes nomes do Fútbol da Costa. E os dous favoritos, campión de Liga e segundo clasificado e campión nos últimos anos, cumpliron os pronósticos e se plantaron na final.

O Baíñas FS chegaba tras sorprender e levar a Liga, pero o Ganados Maroño tiña gañas de revancha. Ambos tiveron un longo periplo para chegar á final. Os de Baíñas eliminaron ao Fisterra, e aos Ferroatlántica e O Cabral pola mínima. Pola súa banda, o Ganados Maroño tivo que superar ao Antoxos, ao San Isidro e ao Estética Raquel, semifinal na que tiveron que tirar dos penaltis.

Xa na final, os dous favoritos, ambos vimianceses, demostraron o porque da súa clasificación. Calidade por ambos lados, pero algo máis de veteranía polo lado vacún, e o Ganados Maroño puideron levantar a Copa Maratón tras vencer por 4-1 ao Baíñas FS, cos goles de Jemisa (2), Juan oBello e Fran Pioto, que superaron ao gol de Miguel.

Ganados Marono Campion XXVII Copa FS Cee 2014 Bainas FS subcampion da Copa FS Cee 2014

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios