Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Liga FS Cee: O Quintaplast campión da 2ª mentres a 1ª espera polo gran derbi vimiancés

Liga FS Cee: O Quintaplast campión da 2ª mentres a 1ª espera polo gran derbi vimiancés
O Montaxes Quintaplast, Campión da 2º División da Liga Futbol Sala de Cee 2013-2014

Onte tocaba repaso das Ligas de FS de Carballo. Hoxe imos ata Cee, para repasar como afrontan este último treito de Liga. I é que se a cousa está chea de emoción na 1ª, a 2ª División xa está decidia. De feito, esta semana o Montaxes Quintaplast celebraba o título da división de prata ao vencer ao Fisterra FS, e se proclama campión a falta de 2 xornadas para o final.

Acompañará ao cadro ceense-muxián no ascenso á 1ª División o Autolunas Garaxe Xallas, que quedará 2º por diante do Pescados Corcubión e do Fisterra FS.
Na propia 2ª Div. segue o interese na loita polo Pichichi. Germán, do Const. Insua, suma 24 goles, só un máis que Carlos, do Autolunas Garaxe Xallas. Ademais, Breixo, do Fisterra FS, segue a ser o porteiro menos batido, con 34 goles encaixados, polos 36 de Darío, do Quintaplast, e os 41 de Trillo, do Recunquiño.

Emoción vimiancesa cunha gran final na 1ª

Mantense líder o gran favorito, o de sempre, o que leva gañadas as últimas temporadas. Este ano baixo o paraugas do Ganados Maroño, o equipo vimiancés colocábase líder na xornada 4 e ata hoxe, que estamos na 20, a 2 para o final. Sacan a día de hoxe 4 puntos ao Baíñas FS, que leva pelexando cóbado con cóbado dende o incio da campaña, e que ten un partido menos, o aprazado esta semana (para este luns 14, que hai xornada completa, non así o resto da semana) ante A Cantina.

Non o terá sinxelo o líder, pois a volta de Semana Santa tócalle enfrontarse ao 3º, o Clínica Sar, e para a última toca derbi. A gran final entre Baíñas e Ganados Maroño disputarase, con probabilidade con todo en xogo, o vindeiro 5 de maio no pavillón ceense.

En canto ás táboas de goleadores, o vimiancés Míchel segue líder con 32 goles, 5 máis que Miguelón, do Baíñas, e lonxe queda Félix, con 21, do Panadería Antoxos. Ademais, Rafa, do Baíñas, é o menos batido con 25 goles, polos 32 de José Ángel, do líder, e os 34 de Espi, do Sar.

Un descalificado

A nova da semana foi a descalificación do Loureiro-O Coral pola 3ª incomparecencia nun partido. Os partidos restantes do equipo se contabilizarán con 3-0 para o rival, como acontecía nesta xornada ante o Fed. Ollo.

Esta situación provoca que o Loureiro ocupe unha das prazas de descenso, que salvaría ao Ferroatlántica. Será o Panadería Antoxos o que descenda.

Ligas de FS de Cee

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios