Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Est. Raquel ponse de líder na Liga de FS de Cee

O Est. Raquel ponse de líder na Liga de FS de Cee
Estetica Raquel da Liga de Futbol Sala de Cee

Colócase o Estética Raquel como líder da 1ª División da Liga de FS de Cee. Os muxiáns, adestrados por Javier Lema, seguen sumando partidos por vitorias, tras superar a semana pasada á Cantina, no partidazo da xornada, e se colocan líderes con 15 puntos, 2 máis queo Máis Deporte-O Xardín, que non pasaba do empate ante o Antoxos, e deixando Á Cantina á 3. Parece, polo visto nestas 5 primeiras xornadas, que serán estes 3 equipos os que se decidan o título.

O xogador do MáisDeporte Miguelón, con 9 goles, segue a ser o pichichi, por diante de Esteban, do Quintaplast, que ten 8, e de Bruno, da Cantina, que suma 7.

En canto ao porteiro menos goleado, mantense destacado o meta do equipo líder, Papi, do Est. Raquel, con 6 tantos encaixados.

Xa na 2ª División, o Panadería Pichín superaba ao Estrella Roja e segue a estela do líder, o Carpintería Metálica Os Muíños, que non pasou apuros para vencer ao Recunquiño.

Fran Pioto do Estrella Rojo e Rubén dos Muíños, son os pichichis da 2ª, con 8 goles, polos 7 de Álvaro, do Pan. Pichín.
O porteiro menos goleado da 2ª, igualadísimo, pois José dos Muíños, Bouzón, do Pichín e Paulo do Ribeiro contan con 11 goles encaixados.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios