Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Baíñas colle o relevo na Liga de Fútbol Sala de Cee

O Baíñas colle o relevo na Liga de Fútbol Sala de Cee

4 títulos consecutivos son unha pasada. Pero “a idade non pasa de balde”, como nos conta o organizador desta Liga de Fútbol Sala de Cee, Juan, que recoñece que os Ganados Maroño, outros anos campión como Cervecería Atrio ou Distribuciones Barral, viron como o Baíñas o pasaba por riba.

Xa que se estes días remataban as Ligas FS Carballo, por Cee acontencía o mesmo, e xa pensan na XXVII Edición da Copa Maratón de Fútbol Sala Sénior Concello de Cee 2014.

A gran final

O pasado luns 5 de maio tiña lugar a gran final desta 1ª División. O Ganados Maroño chegaba líder, despois de estar moitas xornadas no máis alto. Pero o novo Baíñas FS apretaba por detrás e non decaía. Era o día da gran final e os Juanjo, Mario de Cee, Ramiro do Ézaro, ou os Aitor, Dudo e Miguelón de Fisterra, puideron ca banda dos Veteranos. Non puideron os Míchel, Fran Pioto, Jemisa e compañía e viron como o cadro de Baíñas lles pasaba por riba e lles endosaba un claro 10-3.

Primeiro título para o Baíñas FS, no seu segundo ano en competición, dando a relativa sorpresas ante este equipo de gañadores. Iso si, o choque estivo marcado polas baixas dos dous metas, José Ángel Perro Viejo por bando do Ganados Maroño, e Rafa por bando do Baíñas, dous dos porteiros menos batidos da categoría ademais.

E xa temos premiados ademais os premios listos, copados polo equipo campión. O Baíñas FS é ademais o equipo que leva o premio á Deportividade, e ademais Miguelón é o pichichi con 38 goles, 2 máis que o propio Míchel; e Rafa é o porteiro menos batido, con 31, 11 menos que Espi, do Sar, e Perro Viejo, do Maroño.

1 Division Liga FS Cee 13-14

Repaso á 2ª División

A 2ª xa estaba decicida co título para o Montaxes Quintaplast, ao que acompañará o Autolunas Garaxe-Xallas no ascenso á 1ª División.

En canto aos Premios, o Talleres Paco é o equipo “Máis Deportivo”. O Trofeo Zamora o leva Breixo, meta do Fisterra FS, con 38 goles encaixados por diante de Darío, do Quintaplast e de Trillo, do Recunquiño.
En canto aos máximos goleadores, Germán, do Const. Insua é o pichichi con 28 goles, 4 máis que Carlos do Autolunas e 6 máis que o fisterrán Pablo.

2 Division Liga FS Cee 13-14

XXVII Edición da Copa Maratón de Fútbol Sala Sénior Concello de Cee 2014

XXVII Copa Maraton FS Cee 2014

E xa, sen tempo, pensamos no XXVII Edición da Copa Maratón de Fútbol Sala Sénior Concello de Cee 2014 que se disputará o 7 e 8 de xuño no Pavillón Municipal de Cee.

O sábado 7 haberá partidos todo o día, sendo as grandes finais o domingo a partir das 20:30h.

Ligas de FS de Cee

Novas relacionadas

Fonte

Video da Final da Liga FS Cee

Comentarios