Venres. 19.04.2024
El tiempo
Alberto Pose
08:59
15/10/14

Comeza o Futsal en Carballo

Comeza o Futsal en Carballo
Liga FS Carballo

Se xa vimos como arrinca a Liga de FS de Cee, o vindeiro luns, 27 de outubro, dará comezo unha nova edición da Liga de Fútbol Sala de Carballo.
A competición terá o mesmo formato que en pasadas edicións, unha liga regular, patrocinada por Alonso Moda, con dous grupos, que darán paso ás outras tres que compoñen os playoffs do campionato e que este ano levarán todas o mesmo nome excepto a terceira división, que estará patrocinada por Don Clic.

Esta tempada, contamos coas importantes baixas de Carnicería Eusebio, Asesoría Suárez, Tasca A Cunca-Supermercado C&M, Bodegón Trincado, Peluquería Este-Oeste, Alicatados Señarís, Construccións Brandón e Mar de Menta, pero para suplir a ausencia destes conxuntos chegan Restaurante Río Sil, Hotel Pazo do Souto, Bar O Vila, Carballo Futsal, Panadería Añón, A de Pako e Carpe Diem.

Continúan na competición os seguintes equipos: Asesoría Cervantes, Mesón do Pulpo, Cervecería Ágora, Construccións Maracaná, Interfutsal-Deportes San Remo, Cervecería O Pazo, Dluxe Carballo-Kasa Klandestino, Cafetería Habanos 79, Brasería Caracola, S2 Informática, Cervecería Troula, Don Ordenador-SAT Xulián, Explotacións Porcinas Porto do Souto (antes Talleres Sousa-Rte. Seiruga) e o Dolce&Café, que troca a plantilla da pasada tempada na súa totalidade. Aínda que polo de agora non contamos co calendario, o cal publicaremos nos vindeiros días, si sabemos como quedan confeccionados os grupos da liga regular Alonso Moda.

No Grupo Azul competirán 11 equipos que son: Asesoría Cervantes, Restaurante Río Sil, Mesón do Pulpo, Hotel Pazo do Souto, Bar O Vila, Cervecería Ágora, Construccións Maracaná, Carballo Futsal, Explotacións Porcinas Porto do Souto, Interfutsal-Deportes San Remo e Cervecería O Pazo.

Mentres que o Grupo Vermello estará composto por: Dluxe Carballo-Kasa Klandestino, Cafetería Habanos 79, Panadería Añón, Brasería Caracola, Dolce&Café, A de Pako, Carpe Diem, S2 Informática, Cervecería Troula e Don Ordenador-SAT Xulián.

A Copa

Tamén sabemos as primeiras eliminatorias de copa na cal quedan exentos da rolda de dezaseisavos de final ata un total de 11 equipos. Os primeiros enfrentamentos desta competición son Carpe Diem – Carballo Futsal; Interfutsal-Deportes San Remo – Mesón do Pulpo; Explotacións Porcinas Porto do Souto – Cervecería Troula; Bar O Vila – Asesoría Cervantes; e Construccións Maracaná – Dluxe Carballo-Kasa Klandestino.

A liga de fútbol sala de Carballo xa está en marcha e pronto o balón comezará a rodar sobre a pista azul do pavillón Carballo Calero.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios