O Fisober complícase a permanencia e o Ponteceso FSF despídese da Copa
Nova fin de semana de fútbol sala feminino, non moi positivo para os equipos costeiros. O Fisober de novo fixo un moi bo partido pero non puido sacar nada de proveito da súa visita a terras vascas. Foi un apaixonante enfrontamento entre un Ordizia que ten aínda algunha opción de título pero sobre todo de promoción de ascenso e un Fisober que busca unha permanencia que aínda se lle resiste pero que ten na man.
Ademais, o Ponteceso FSF pechaba a tempada ao quedar eliminada na Copa Provincial ante todo un Manureva, que superaba de novo con claridade ás de Barca por un rotundo 8-2 e se mete na final, que disputará como favorito ante o Viaxes Amarelle B.
2ª División Estatal
- Resultado: ESTANDA ORDIZIA – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” (6-3).
- FISOBER: Eva, Elsa, Ana, Olalla e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Myrella e Inés.
- Goles: 0-1 Barca, 1-1 Itsaso, 2-1 Ane (descanso) 3-1 Itsaso , 4-1 Naiara, 5-1 Naiara, 5-2 Ana, 5-3 Ana, 6-3 Olatz.
- 10:30 h Fervenza A vs Fervenza B
- 11:30 h Fisober vs Viaxes Amarelle
- 12:30 h Fervenza A vs Fisober
- 14:00 h Comida
- 16:30 h Fervenza B vs Viaxes Amarelle
- 17:30 h Fisober vs Fervenza B
- 18:30 h Viaxes amarelle vs Fervenza A
- 19:30 h Entrega de Trofeos
- Resultado: Manureva - Ponteceso FSF (8-2)
- A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Alba Reyes, Sandra, Carmen e Martina - tamén xogaron - Alba Marrozos.
- Goles: Manureva: Natalia, Estefanía (2), Patricia, Cristina (2), Alba e Alba Reyes (do Ponteceso, en p.p.) Concello de Ponteceso FSF: Alba Marrozos (2).
- Unha de Maratón ante as derrotas de fútbol sala.
- O Ponteceso FSF, único equipo costeiro nas semifinais da Copa Provincial.
- O Ponteceso FSF toma vantaxe na Copa Provincial.
- O Fisober desbota a primeira oportunidade para asegurar a permanencia:
- O Ponteceso FSF repasa o seu terceiro ano de existencia.
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba e Barca.
As da Costa saíron moi concentradas e metidas no partido. Os tres minutos aproveitaron unha contra levada por Ana e Barca para que esta última puxera en vantaxe o Fisober. Esta circunstancia deulle un plus de tranquilidade as visitantes e case un minuto despois de novo unha contra poñía a Barca diante da porteira pero desta vez non foi quen de materializar o gol.
Todas as integrantes do Fisober estaban a realizar un enorme e serio traballo defensivo para evitar que o conxunto vasco igualara. As locais necesitaban a vitoria, empuxaban e empuxaban na busca do gol, pero o traballo en defensa ou Eva evitábano, e cando non era o pau como no minuto oito.
Pasaban os minutos ata que os dez minutos desta primeira metade as locais atoparon o furado para que Itsaso igualara o electrónico. As da Costa seguiron igual de concentradas con defensa a media pista e con perigosas contras. E nunha desas primeiro Olalla e despois Barca tiveron o segundo gol visitante nas súas botas. Locais e visitantes loitaban cada balón, o cal provocou que as de Ordizia fixeran a tres minutos do fin a súa quinta falta, aínda que a sexta non chegou a ser sinalada. Cando parecía que se ía chegar con igualada o descanso, Ane conseguía o segundo gol local cando restaban dous minutos para chegar o tempo de lecer.
A saída de vestiarios o panorama non trocou moito do da primeira metade, dominio local e contras visitantes, pero as ocasión xa non eran tan claras en ningunha das dúas porterías. Os dous conxuntos traballaban a reo por trocar o marcador, pero todo seguía igual e os minutos pasaban.
E foron pasando ata que a once para o fin de novo Itsaso facía o terceiro gol local. Este gol fixo moito dano as da Costa, foi difícil de dixerir para o Fisober. Pasaron os seus peores minutos sobre a pista e as locais, tentaban aproveitar a situación para asegurar a vitoria.
As visitantes debían arriscar cada vez maís se querían sacar algo de proveito e as locais aproveitaban a contra. Entrouse así nuns últimos cinco minutos que foron de tolos. A cinco para o fin Naiara aproveitaba un libre indirecto para poñer o cuarto gol local. E un minuto despois a mesma Naiara marcaba un novo gol que parecía definitivo.
Pero as visitantes non se rendían e cada vez tomaban máis riscos. A tres para o fin Ana materializaba con suspense o segundo gol visitante e a dous para o fin de novo era Ana a que transformaba un penalti para facer o terceiro do Fisober.
Agora as que máis empuxaban e tomaban riscos eran as visitantes pero unha contra materializada por Olatz case entrando no último minuto poñía fin a este interesante e vibrante partido.
Vindeira cita
O Fisober desplazarase este mércores dia 1 de maio ata Narón a disputar o I Torneo solidario fútbol sala alevín Concello de Narón 2013. As rapazas alevíns adestradas por Elsa Souto e Olalla Veres enfrontaranse os equipos de A Fervenza A e B e o Viaxes Amarelle.
Horario dos partidos:
As xogadoras convocadas para este torneo son: Porteira: Yanira Gándara; Xogadoras: Nuria Pose, Paula Fandiño, Nahir Parga, Maria Ameijeiras, Paula Mendez, Nerea Spata, María Lijó, Laura Romero e Amara Suárez.