O fisterrán Noé é o novo representante dos futbolistas na Federación Galega

Xa ollamos o cambio na Federación e todas as voltas que conleva. E unha delas é o nomeamento do fisterrán Noé, mítico xa capitán do Cerceda, como representante de xogadores para toda Galicia na Federación Galega de Fútbol.

Así, o propio Celestino Noé López López quere facer chegar a nova aos capitáns e xogadores de todos os equipos que a partir de agora estarán representados pola súa persoa.

A finalidade desta notificación é que se traslade a todos os xogadores a posibilidade de contactar co seu representante a efectos de información ou suxestións de posibles propostas para mellorar cuestións relacionadas co estamento.

  • Datos de contacto:
    - Email: noelopezlopez@hotmail.es;
    - Tfn - 626 191 762.

Encontros con novos horarios

Xa tendes todos os horarios actualizados de cara a esta fin de semana. Moitos encontros de Copa modificaron os seus horarios.

Máis información

Novas relacionadas