Xoves. 25.04.2024
El tiempo
Guillermo Parga
14:08
08/03/11

Titanic

Os barcos do Val e do Soneira zarparon de portos semellantes nos últimos anos, aínda que o naronés tivo un ano máis de construción no seu regreso a Preferente. Ambos proxectos cruzáronse o pasado domingo en Sinde, con dous guións moi diferentes. O Val é un Titanic da categoría (non por presuposto, senón por rendemento), mentres que o rumbo vimiancés chegou inadvertido ata gañarse o respecto dos navegantes co paso das semanas.

Se o choque de Sinde se tivera disputado a comezo de liga, faría un símil entre un barco que parecía insomerxible e un iceberg que foi quen de deter o seu rumbo nos dous encontros, como se de un Titanic se tratase. O do iceberg do Soneira é máis ben por esa apariencia feble que pode mostrarlle ós que non o coñecen, pero temible para os auténticos lobos de mar, que saben das virtudes dun conxunto frío, ó mellor non tan quente como os “jugóns” de Preferente, pero terriblemente fiable e compacto.

O Soneira prantexou un encontro que me fixo lembrar ós anos de Primeira, ese sufrimento e esa paciencia e confianza nunha xeración que co paso dos anos emancipou o seu talento e atopou a súa identidade. Non lle discutiu a posesión a un favorito, pero invitoulle a unha batalla na que nunca se achicou, e foi valente e efectivo cando o rival baixou a garda.

Teño que confesar que no banco local de Sinde (o campo, de infausto nome para os que usamos a rede) había un bo amigo e varias persoas ás que tamén considero tal e outras ás que lle teño un enorme respecto profesional e deportivo. Seguramente ninguén lembrará para sempre esa tarde, pero creo que é un bo botón do nivel deste Soneira, do que só se valorará correctamente cando veñan tempos peores.

Só hai que mirar a evolución na categoría do Bertamiráns para, facendo unha comparación entre camiños semellantes, ver o mérito dos de Manolito, outro home ó que o tempo lle dará o valor que ten.

Novas relacionadas

Crónicas de Guillermo Parga

Artigos relacionados

Máis novas

Máis información

Fonte

Comentarios