O Fútbol da Costa rematou o ano en clave solidaria

Ponse solidario estes días o Fútbol da Costa. Numerosos amistosos e escenas nas que a solidariedade é protagonista, volvendo demostrar algo que sempre dicimos: o Fútbol da Costa trascende o Deporte, e é un activo social máis da Costa da Morte.
Repasamos as accións destes últimos días de 2017:
En Cerqueda

O MiniTrofeo dos Petóns acolleu no campo de Xaviña unha nova demostración “futbolidaria” da Unión Deportiva Cerqueda. Invitou aos equipos benxamís e infantís da SD Sofán para conseguir unha xornada que recadase fondos para a compra de xoguetes para os nenos menos favorecidos do Concello.


En Coristanco
Aí vemos ao presidente do Coristanco entregándolle ao párroco Manuel Mayo o colleitado para a campaña de Nadal polo club. Logo de repartir alimentos, donativos e xoguetes ás familias necesitadas de Coristanco e ao Asilo de Cotolengo, en Santiago, o que recolla e recaude a Campaña Solidaria das Parroquias de Coristanco ata despois de Reis será para nutrir a Caritas.

En Muros
A Escola Deportiva dos Miúdos conseguiu colleitar sobre 2.500 kilos de alimentos non perecederos para doar a Cáritas. Foi o pasado venres 22, nunha tarde solidaria no Eleuterio Balayo no que participaron equipos de base do Outes, Carnota e Esteirana, ademais do cadro organizador. A tarde rematou cun bonito cuadrangular entre 4 equipos do concello, Muros, Esteirana, Montelouro e o propio Os Miúdos, formado polos xuvenís con 4 reforzos do Volantes.
Foi precisamente o cadro organizador o que vencía tanto
En Camelle
Fermoso o partido celebrado no Rodeiro entre o equipo local, o Camelle, e o Camariñas. Un partido que tiña como únixo obxectivo recadar fondos para para comprar unha casa para a familia de Tatiana. Os 5€ de cada entrada e as donacións permitiron reunir 1.800€ máis para a causa.
O choque foi ademais un bo punto de unión entre afeccións.