martes. 06.05.2025
El tiempo

O luns péchase o prazo para inscribirse no Curso intensivo de Monitor de Fútbol Base

O luns péchase o prazo para inscribirse no Curso intensivo de Monitor de Fútbol Base
Sedes-UEFA-B Malia que xa se convocaron os cursos de adestrador UEFA B (antigüo nivel 1) e Monitor, para desenvolverse na Costa, a partir do 5 de setembro, de xeito intensivo, o de Monitor, e a mediados de outubro, o UEFA B e, así mesmo, abriuse a preinscripción para estudar a posibilidade de realizar o nivel AVANZADO (UEFA A-NIVEL 2). A verdade é que a situación non é moi alentadora en canto á celebración dos citados cursos, en especial o de Monitor, pois a día de hoxe, dos 15 alumnos que deberían inscribirse para poder realizarse o mesmo, únicamente formalizaron a súa matrícula 6 alumnos, finalizando o prazo para a celebración do mesmo o vindeiro luns. Certamente, e malia que moitos clubs na última reunión celebrada en Baio, solicitaron a convocatoria do curso de monitor, para poder inscribirse moitos dos técnicos que non contan coa titulación obligatoria para poder adestrar en fútbol base, non está respondendo ás expectativas e, de non mellorar ostensiblemente a inscripción, posiblemente non se leve a cabo o mesmo, perdéndose unha boa oportunidade de seguir formándose os técnicos da Costa. En canto ao UEFA B, parece que si poderá levarse a cabo e os 6 alumnos que se inscribiron no de monitor ten a posibilidade de realizar este curso de non levarse a cabo o inicialmente previsto. Polo que respecta á preinscripción para o UEFA A, que a pasada campaña non se celebrou na Costa, as perspectivas son boas, pois actualmente, a falta de quince días para pecharse a inscripción oficial, nove técnicos xa han formalizado o seu interese en realizalo, esperándose que se chegue aos quince que esixe a Escola Nacional de Adestradores para o seu desenvolvemento. No curso pasado, todos os adestradores inscritos no curso de UEFA B na Costa alcanzaron o aprobado, polo que poderían realizar o UEFA A, conxuntamente cos alumnos que obtiveron o diploma fai dous anos e que a pasada tempada non puideron levar a cabo o mesmo por falta de inscricións. Aínda que os dous están convocados para a aula principal da sé en Baio, tanto un como outro po0drían variar o seu ubicación, dependendo do número de alumnos inscritos e a zona de onde haxa unha ampla maioría, pois para o curso o Fisterra SD, co seu presidente á fronte, está intentando levar o UEFA B á súa zona, puidendo moi ben situarse en Dumbría, Cee ou, ata, en Fisterra si o número de inscritos da localidade así o requirise.

Inscricións

As bases de inscrición para os mesmos están xa na web da Federación Galega de Fútbol (www.futgal.es), e as inscricións deben realizarse a través da mesma. A preinscripción para o UEFA A poden realizala chamando ao delegado da Costa, Manolo Corredoira (636.88.42.43).

Esixencias

Cabo recordar unha vez máis que, tal e como se aprobou na última asemblea da RFGF, para poder obter licenza de adestrador, nesta tempada 2017-18, é necesario ter a titulación seguinte:
  • Preferente e 1ª autonómica: Adestrador Avanzado UEFA A (Nivel 2)
  • 2ª Autonómica: Adestrador Básico de Fútbol UEFA A (Nivel 1)
  • 3ª Autonómica: Monitor de Fútbol Base
  • Xuvenil, cadete, infantil e fútbol 8: Monitor de Fútbol Base.
Xa para a tempada 2018-19, en 2ª autonómica pedirase o Adestrador Avanzado UEFA A (nivel 2) e en 3ª Autonómica, o Adestrador Básico de Fútbol UEFA B (Nivel 1), sendo o de monitor o requisito necesario no resto de categorías. A inscripción pode facerse de xeito online a través da páxina web da Federación: www.futgal.es.

Novas relacionadas

Máis novas

Máis información

 

Máis movementos de verán

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios