![Alumnos do Manuela Rial de Cee participaron no triangular do campionato provincial de futbol sala en idade escolar]()
Alumnos do Manuela Rial de Cee participaron no triangular do campionato provincial de futbol sala en idade escolar
A escasos centímetros estiveron do título de campións os equipo do colexio Manuela Rial de Cee durante o triangular do
campionato provincial de fútbol sala en idade escolar que se celebrou o pasado sábado no pavillón municipal de Miño.
Álex Sánchez, Xabi Larrañaga, Anxo Pose, Dani Glez. Chao, Álex Sendón - 5 inicial- Pablo Rey, Anxo Méndez e Álex López formaron o equipo que conseguiu o segundo posto da clasificación. Foron capaces de torear factores como o madrugón que se pegaron para viaxar ata o lugar da competición e souberon plantarlle cara a un rival ben armado con varios xogadores das categorías base do Rácing de Ferrol. "Chegaron ao descanso con táboas no marcador e tras o segundo gol local viñeron minutos de infructuoso dominio do Manuela ata o final, cun par de balóns aos paus. Rematou cun agónico 2-1 en contra" relatan dende o colexio.
No segundo partido, os de Cee gañaron con solvencia ao campión intercomarcal da zona de Santiago, o concello do Pino, por 6-3. A pegada dos colexiais, cunha alineación con nomes ben coñecidos polos afeccionados da bisbarra, resultou decisiva fronte a un rival moi técnico. O Alameda Xarío venceu posteriormente aos do Pino por un 9-4 proclamándose así campións e deixando aos do Manuela Rial nun saboroso segundo posto.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Colexio Manuela Rial