Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Mazaricos CF celebra o seu 25 aniversario cun triangular histórico e unha cea

O Mazaricos CF celebra o seu 25 aniversario cun triangular histórico e unha cea
Homenaxe ao Mazaricos na Gala do Futbol da COsta QPC 2016-Foto-JP Homenaxe ao Mazaricos na Gala do Futbol da COsta QPC 2016

Xa houbo unha pequena homenaxe durante a Gala do Fútbol da Costa QPC. Pero este día 20 de agosto, a familia do Mazaricos CF quere facer unha boa festa para celebrar o seu 25 aniversario.

A cita comezará no terreo de xogo da Pedra do Ouro, cun Triangular entre varios equipos históricos da vila, o dos primeiros 10 anos de existencia, o dos 10 anos seguinte, e o equipo actual. Estará ben pelexado, porque os fundadores aínda están moi en forma.

Ademais, para rematar, toca cea e acto de confraternidade no polideportivo da Picota a partir das 22:00h. Xa podes reservar praza por 20€ antes do 17 de agosto.

25 anos do Mazaricos CF

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios