Domingo. 08.09.2024
El tiempo

"O obxectivo era recuperar a ilusión, e acadouse"

"O obxectivo era recuperar a ilusión, e acadouse"
Álvaro do Coral, que ben se podería chamar agora 'o Señor D´Alvaro', ten acadado o ascenso e o título en só oito meses como presidente do Muxía; trala voráxine celebratoria, repasa para QPC un curso para a historia O presidente Alvaro Rodriguez acabou na auga o dia da celebracion O presidente Álvaro Rodríguez acabou na auga o día da celebración Coa voz aínda coma testemuña do que foi unha celebración digna da romaría da Barca, e tamén co orgullo do pai que fala do seu fillo modelo, Álvaro Rodríguez Caamaño (Muxía, 1974), presidente do Muxía, analiza para QPC o que ten sido a tempada do retorno á Liga da Costa, unha década despois. Tamén bota unha ollada aos seus oito meses como máximo mandatario, e ata onde pode dar de si o proxecto de reinvención e modernización dun dos xigantes históricos do balompé da zona. Xa sexa un polbo (con b) á brasa ou un clube de fútbol, parece que o que toca Álvaro ten un pedigrí de calidade asegurada. Miguel Ángel Nadal co presi do Muxía no Resutante Dálvaro Álvaro con Miguel Ángel Nadal
  • Chegados a este punto e cun campionato como carta de presentación, pódese dicir obxectivo cumprido?
Máis que o obxectivo do ascenso, falamos de recuperar á xente, a ilusión e que o fútbol voltara ao pobo en certas condicións, e nese sentido, claro que si. Veu todo rodado e conseguimos ese título, despois de dúas decepcións.
  • En só oito meses no mundo do fútbol, de forma directa, ten acadado o que moitos perseguiron durante anos, como lle deu por meterse nese traballo que ninguén quere?
Foi un accidente. Acabou a liga o ano pasado, co famoso penalti do Corcubión e o non ascenso. Era o segundo curso seguido que pasaba iso, e apareceron dúas directivas posibles, con Felipe e Campaña en cada lado; estabamos para meternos no mes de agosto e sen tempo para fichar, e eu fun o único punto de acordo entre ambos, así que aí quedei.
  • De momento non creo que se arrepinta…
Neste momento non, pero houbo fases da tempada que me caeron por todos lados e arrepentinme. Non entenderon que eu entrase, e mira que era o ano de xerar unha ilusión, na que podías traer a un par de futbolistas que andiveran por Dumbría. Que se entrei por interese, por guapo...
  • Outra máxima do 'manual do directivo criticado': choven críticas desde os bares do centro do pobo, pero nunca desde a grada do estadio...
Pasa na Liga da Costa, en Primeira… en España somos demasiados adestradores.
  • Cal é a idea a curto e medio prazo?
Seguir a línea que levamos agora e, se ao rematar o curso nos fan o campo, comezar as Escolas Deportivas e ir tirando da canteira e do fútbol base. Para o vindeiro curso temos un plantel compensado e con catro Xuvenís que xa veñen feitos. Cando houbo que tirar deles cumpriron con creces, e por aí ten que pasar o proxecto.
  • Arliña en breve deixará de ser un pasto natural, pero tampouco de todo… custa deixar atrás o romanticismo da herba de toda a vida?
Custa, pero o custe económico é tamén moi alto. Se queres facer Escolas Deportivas, con tantos nenos enriba do céspede… tentaremos que non sexa o típico campo sintético da Costa, a base de cemento e alquitrán. Faremos algo como no Norte de Europa, mantendo algo do céspede orixinal, e non facendo un bote tan artificial.
  • De ter xogado esta campaña na Liga da Costa, cal cre que sería o rol do Muxía?
Creo que este plantel tería estado na zona media da táboa. Recuperamos xente como os irmáns Alcaina, Maikel, Dani Picallo… tiñamos moitos mimbres para estar tranquilos. Igualmente digo que o ano que ven vai ser algo máis dura, e non sabemos onde podemos estar.
  • Soneira e seguramente Dumbría en Preferente, Fisterra en Primeira, Camariñas… non son demasiados bocas a comer dun mesmo viveiro xeográfico de futbolistas?
Saen moitísimos xogadores desta zona. En Muxía, Fisterra, Corme… o futbolista sae. Sigue a xogarse moitísimo na rúa. O mellor xeito de integración non é a PlayStation, é unha pelota, e nos portos de mar iso non ten variado.
  • Saen moitos futbolistas de porto de mar, pero en moitas ocasións o rendemento dos clubes de interior é superior...
Depende como se traballe. O Sofán hai catro anos case non existía, e agora mesmo é un referente na forma de traballar o fútbol base. Certo que abarca unha zona amplia e con viveiros en todos lados, pero a filosofía debería servir de exemplo.
  • Falando de traballo de base, Dumbría tense nutrido de futbolistas de Fisterra, Muxía e arredores, e triunfado con eles; no seu tempo xerou unha sorte de tensión-envexa que parece agora superada...
Se miras por un lado, é certo que sacou xogadores aos clubes máis pequenos, pero tamén estaban a formarnos futbolistas. Ao mellor o ano que ven temos falta de cadetes, e se os mando para alí e non podo facer equipo, van vir feitos, formados. Só hai que ver o caso dos irmáns Alcaina ou Picallo, amén das súas cualidades de nacemento. Foron pioneiros nesa forma de traballar.
  • Cal é agora mesmo a situación económica do Muxía?
Empezou por ser precaria, pero agora, aínda que non esteamos a tirar cohetes, estamos ben. As Escolas Deportivas darán un bo empurrón, e co respaldo ineludible do Concello sairemos adiante. Temos 300 socios, socios protectores, publicidades no campo de fútbol…
  • Caerá na dinámica de acabar por pagar cando as cousas vaian moi ben?
Iso xa o deixei claro desde o primeiro momento. Entendo que alguén que ven de fóra lle teñas que axudar a pagar a gasolina, pero pagar, máis alá dunha cea… no. Houbo futbolistas con ofertas e quixeron quedar, e eran moi boas ofertas.
  • Cal foi o motivo desta longa noite de pedra que once anos durou na Terceira?
Houbo varios factores. Se nos foron escapando futbolistas, a mala sorte, a mala fama que te crías con directivas, árbitros…
  • Os españois do Século de Ouro falaban da lenda negra creada contra España desde fóra, existía unha lenda negra do Muxía desde A Coruña e mesmo desde algúns rivais ou realmente houbo cousas das que arrepentirse?
Na Costa somos un pouco brutos, ou nos mata a lingua, e a fama que te creas, para alguén que ven de Coruña, que non che coñece de nada, escoita catro anécdotas e xa ven condicionado. Este ano tivemos dous expulsados nada máis. Tamén axuda a creación dunha peña como Os Corviños, que aos seus vinte anos de idade entenden que non se gana nada insultando ao árbitro, senón que se gana animando e indo con outra mentalidade. O teño falado moitas veces e creo que a mensaxe entendeuse.
  • Haberá Álvaro por moitos anos?
De momento seguirei este ano, e despois Deus dirá, que teño unha filla que criar e xa lla mandarei a Pioto e ao Fisober (risas).
  • Hai fichaxes adiantadas?
En mente sempre hai, pero temos aos xuvenís, e a ver. O problema será para o adestrador, meu pobre, que para facer convocatoria...
  • Móllese, o premio para o grupo será…
Unha boa cea, cunha boa actuación. Despois, se sobra algo de diñeiro… pero a Canarias non os vou mandar…    

Comentarios