Luns. 07.10.2024
El tiempo

O partido que todos firmarían xogar

O partido que todos firmarían xogar
Sporting Zas e Fisterra xóganse unha moi alta porcentaxe das súas opcións de título nun cara a cara nu de conservadurismos e para o que ademais dispoñen ambos de tódolos seus recursos David Blanco e Adrian Makaay seran homes clave no choque Zas-Fisterra da LigadaCosta David Blanco e Adrian Makaay seran homes clave no choque Zas-Fisterra da LigadaCosta Cando o domingo media Galicia futbolística esperte coa resaca, feliz ou esquencible, do Clásico ou do noso derbi, unha pequena porción estará aínda a velar armas para o seu partido da fin de semana, do mes, do ano e pode que da década. Sporting Zas, líder, e Fisterra, terceiro, xóganse un partido ao que a principio de curso seguramente os dous firmarían chegar nesta condicións. Só tres puntos de distancia, o average particular no aire (1-1 en Ara Solis) e un expectativa de erro moi reducida para os seguintes encontros. O principal temor do primeiro clasificado é o seu rendemento nos enfrontamentos directos, xa que ante San Lorenzo, Mazaricos ou Fisterra (si co Ponteceso) ten sufrido pequenos freazos no que está a ser unha competición case redonda. O técnico Víctor Pazos terá á súa disposición á totalidade do plantel, incluido Isma, quen se perdera o partido de Semana Santa por unha viaxe. Non se agardan demasiadas variantes na formación habitual, e no eixo defensivo podería apostar por unha parella acostumada a loitar por títulos e con moitas táboas: os antigamente centrocampistas Josito e Braulio. Pola súa banda, o Fisterra incluso presentará unha insospeitada novidade. Bruno, despois da homenaxe co Baíñas e dous meses de aventura suiza, está de volta para o que pode que sexa o choque máis importante da súa traxectoria. Retorna tamén despois de sanción o coetáneo Cote, referente fundamental no xogo aéreo para un campo de reducidas dimensións. O rendemento do 'barco' fisterrán está a ser case perfecto na segunda volta, e proba do algodón dos momentos chave pasouna xa en Ponteceso (0-5), e mesmo coa derrota pola mínima en Verdillo, a pesares das baixas. O terceiro foco de atención está na 'Bota de Ouro' da Liga da Costa. Con 35 dianas, David Blanco supera en dous a Adrián. O fisterrán atravesa o seu mellor momento do curso, e ten dobre motivación persoal. Así o ven os técnicos:
  • Víctor Pazos (Sporting Zas): "Unha cousa é a loita pola Liga da Costa e outra a do ascenso; nós temos que pensar que os rivais apenas van fallar e que temos seguramente o calendario máis difícil de aquí ao final".
  • Nacho (Fisterra): "Nós temos que tentar competir e a intención é vencer; a estas alturas, tres puntos de distancia poden ser moitos; se perdemos, estamos fóra do título, e se eles perden aínda seguen vivos".
  Posibles 11
  • Campo: San Andrés.
  • Hora: 17.00.
  • Árbitro: Regos Martínez (A Coruña).
  • Sporting Zas: Bugy, Rubén Forján, Josito, Braulio, Diego, Isma, Cilindro, Sande, Rubio, Dani Mato e David Blanco
  • Fisterra: Norberto, Julito, Piti, Robertín, Rubia, Rodrigo, Guardiola, Cote, Adrián, Roco e Bruno.
 

Novas relacionadas

Máisinformación

Fonte

Comentarios