O piloto dumbriés de Quads Toni Trillo triunfa en Francia
14:21 16/05/12
O noso mellor representante no circuito de Quads segue triunfando, xa por Europa adiante. O dumbriés TonI Trillo subía ao podio como 2º no Enduro Iraty, celebrado a pasada fin de semana en Francia. Era das probas da elite mundial da modalidade, e Toni sorprendeu convertíndose, a bordo do seu Suzuki LTR 450, no mellor piloto español.