![Os Miudos 2]()
Queremos facer fincapé na importancia dos clubes deportivos que permiten que milleiros de cativos na Costa da Morte poidan facer deporte. Deste xeito, personalizamos na labor dun equipo a todos os que fan posible que as categorías do fútbol base sigan crecendo, sempre coa intención de formar persoas, de formar xogadores, e non só de formar gañadores.
Imos hoxe ata Muros, para coñecer un pouco mellor á
Escola Deportiva Os Miúdos. Ata 84 nenos repartidos en 6 equipos (un de prebenxamín, dous de benxamíns, dous de alevíns e un de infantís) disfrutan do deporte rei na Costa da Morte na vila muradá en todas as súas modalidades: fútbol 7, fútbol sala e fútbol 11.
![Os Miudos 1]()
A labor da directiva, comandada por
Recesvinto Tajes é impresionante, a pesar das continúas dificultades e os últimos recortes. Os cativos poden así xogar ao seu deporte favorito, e o fan de balde, malia os pais xa teñen apuntado que poderían axudar para federar aos pequenos xogadores pero no clube se empeñan de que ten que ser un servizo á veciñanza.
Un clube que disfrutou do seu máximo esplendor no 2009, cando venceron en Dumbría o Campionato en Categoría Benxamín das Ligas Escolares organizada polo Clube Deportivo Costa da Morte. Alí viviron o sabor da vitoria, pero máis importante é vivir o sabor do día a día, da convivencia, do compañerismo.
Máis información
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).