O primeiro pleno en 6 anos da familia do U.C. Cee
Facía máis de 6 anos que a familia do U.C. Cee non celebraba unha fin de semana completa de vitorias. Todos os equipos ceenses gañaban os seus encontros netes 17 e 18 de novembro de 2012, unha fin de semana que quedará para o recordo na familia que preside Elvira Freire.
4 equipos que ademais están, todos, na parte alta de cada categoría.
Os maiores gañaban ao Montelouro por 3-0 e manteñen a 4ª praza na 2ª Autonómica, con claras opcións a meterse entre os dous primeiros. A dupla Floreal-José Carlos parece que xa está sacando o mellor do cadro azul.
Mentres, os xuvenís mantéñense tamén na loita polos 3 postos de acceso á Liguilla previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Os de José Carlos, vencían 2-4 en Muros, con tantos de Tebo, Benlloch, Cibrán e Uri.
En cadetes, o cadro que dirixe Mario segue implacable. 4 vitorias en 4 encontros o sitúan no máis alto da táboa xunto á Esteirana. Esta fin de semana os ceenses vencía por 0-3 en Coristanco con goles de Pedro, Isma e Germán.
Ademais, e para pechar o pleno os infantís que leva Carlos Pazos seguen sen perder partido e están segundos por detrás do Xallas de Santa Comba, que conta cun partido máis. Os ceenses suman 7 vitorias e 1 empate en 8 encontros, cuns números espectaculares: 38 goles a favor e 2 en contra.
Esta fin de semana, por exemplo, goleaban ao Ponteceso 9-0 con tantos de Mario (3), Xabi Castro (2), Luis Lojo (2), Borja e David.
Parabéns á familia ceense.
Máis información
Artigos deportivos
Crónicas da semana
- Xuvenís: O Cabana bate co Malpica.
- 2ª Autonómica: Esteirana e Sofán manteñen o pulso.
- 1ª Autonómica: Un de terceiro e 3 en perigo.
- Preferente: Dura loita pola segunda praza.
- Resultados do fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- U.C. Cee.