Martes. 10.12.2019
El tiempo

O Soneira álzase ca Copa da Costa de Veteranos

O Soneira álzase ca Copa da Costa de Veteranos
Soneira Campion da Copa da Costa de Veteranos 2016 Soneira, Campion da Copa da Costa de Veteranos 2016

Fermosa a festa dos Veteranos do Fútbol da Costa. O Campo de Xaviña de Buño acollía a gran final da Copa da Costa 2016, cunha gran acollida de público. Era o Soneira, nuns últimos minutos moi apretados, os que levaba o título para Vimianzo tras unha fermosa e deportiva festa deportiva.

Soneira e Club do Mar ao remate da final da Copa de Veteranos Soneira e Club do Mar ao remate da final da Copa de Veteranos  

Club do Mar - Soneira (0-2)

Club do Mar de Veteranos na final de Copa da Costa
  • CLUB DEL MAR: Malpica, Jesús, Turro, Castro, Dito, Felipe, José, Mauri, Pablo, Richard e Mino. Tamén xogaron: Torrado, Roberto, Óscar, Diego, Antonio, Suso e Luís.
Soneira de Veteranos na fina
  • SONEIRA: Coscoñas, Mauri, Mauricio, Jemisa, Javi Tono, Pioto, Miguel, Costa, Chocolate e Teo. Tamén Álvaro, Félix e Padronés.
  • GOLES: 0-1, m.82: Miguel de penalti; 0-2, m.87: Costa dende fóra da área.
Publico en Xavina de Buno Máis de 300 persoas vendo esta final en Xaviña, Buño. Partido que nos primeiros minutos o Club do Mar foi o dono do balón tocando no medio do campo por parte de Mauri e un gran Felipe, que cos seus pases aos 7 minutos xeraba a primeira ocasión de Mino que para Coscoñas desviando a córner. Seguía o cadro caionés apretando, metendo ao Soneira na súa área, e Richard marra un balón solto na área.

Sacaba o Soneira as unllas cun saque longo de Coscoñas, que controla Miguel e tira desde fóra do área pasando moi preto do travesaño. Adiantaba un pouco as liñas o Soneira e foi nivelando máis o xogo. Miguel, Ton e Chocolate fóronse facendo co medio do campo deixando só arriba a Pioto que pouco ou nada podía facer ante a boa marcaxe de Castro e sobre todo Fernando. Deste primeiro tempo destacar sobre todos os demais ese gran xogador Mino que este primeira parte foi o gran pesadelo para a defensa do Soneira.

A segunda parte foi algo máis do mesmo, moito xogo no centro do campo, que cando tiña o balón o Club do Mar sempre buscaban a Mino e pola outra parte balón que tiña Miguel en longo buscaba a Pioto, pero con poucas ocasións de gol para ambos equipos. Ata que no minuto 37 da segunda parte nun centro ao área do Club do Mar, Fernado derriba ao dianteiro Teo dentro da área, que o colexiado do encontro Eduardo Rodriguez, non dubida en sinalizar penalti. Miguel non perdoa facendo o 0- 1.

Quedaban apenas 7 minutos e o o Club do Mar foise arriba e aínda contou con dúas ocasións de gol, as dúas por parte de Mino, unha que ante a saída de Coscoñas e dentro do área, tira e o balón fóra, e tres minutos máis tarde nun balón solto dentro do área tira e dá no larguero. E cando o Club do Mar máis atacaba en busca do empate, Costa desde fóra do área fai o 0-2 definitivo.

Aínda houbo tempo para un momento quente, cun par de cartóns por protestar, pero ao final o choque rematou con moita deportividade.

Miguel Mino e Tono Miguel, Mino e Tono  

Selección de 2ª - San Isidro (1-1)

Seleccion de 2 de Veteranos da Costa Seleccion de 2ª de Veteranos da Costa
  • Selección de 2ª División: CHARLI (San Isidro), PABLO (Buño), FRAN (Erbecedo), NELSON (Buño), SUSO (Seaia), ÓSCAR TOJA (Laxe), ROUCO (Erbecedo), ELIAS (Buño), MAURO (Laxe) BAN BAN, (Malpica), HÉCTOR (Corcoesto), MIGUEL (Leiloio), PABLO (Corcoesto) e PROSI (Buño).
  • San Isidro: MANOLO, LUIS, GUSTAVO, LUIS BARIZO, ROBERTO CARLOS, JUAN, MARCOS, PUSKAS, COUTO, SUSO DO CAMPO, PALERMO, CAMARIÑAS, ENRIQUE, JUAN e CHIÑO.
  • Goles: 0-1: CAMARIÑAS; 1-1: ROBERTO CARLOS.

Arrincaba a festa do fútbol Veteranos con este choque que servía de telonero para a gran cita. Viuse un partido bonito, entretido, onde destacou a calidade de xogadores como Pablo do Corcoestou ou Óscar Toja do Laxe. Do San Isidro cómpre destacar a actuación de Gustavo, Roberto Carlos e Puskas.

Miguel recolle o premio de Campion da Copa da Costa 2016 do Soneira Miguel recolle o premio de Campion da Copa da Costa 2016 do Soneira Club do Mar subcampion de Copa da Costa de Veteranos Club do Mar subcampion de Copa da Costa de Veteranos Richard recollendo o trofeo de Pichichi Richard recollendo o trofeo de Pichichi de 2ª  

Crónicas deste ano

Máis información en www.futboldacosta.com

Tempadas anteriores

 

Máisinformación

Fonte

Comentarios