O Soneira primeiro equipo en poñer o pé nos cuartos

Tal como estaba previsto, o Soneira volveu a golear ao Coristanco e xa espera por rival en cuartos da Copa, o cal, previsiblemente, será o Dumbría.
Coristanco - Soneira (0-4)
  • CORISTANCO: Gonzalo, Luís, Oscar, Arantón, Marcos, Dani, Benitez (Pose, min.77), Carlos (Pita, min.61), Pazos (Mallón, min.46), Gus (Toni, min.68) e Toniño
  • SONEIRA: Fran, Ferreiro, Pablo, Vecino (Jorge Vigo, min.46), Miguel (Roberto, min.46), Fran de Urroa (Mario, min.46), Santi, Javi, Míchel, Darío e Via (Quique, min.46).
  • Goles: 0-1, min.8: Vía, de penalti; 0-2, min.37: Vía; 0-3, min.70: Jorge Vigo; 0-4, min.78: Quique.
Non tivo historia o partido de volta e o Soneira é o primeiro equipo en poñer o pé nos cuartos de final. Máis que un partido de oitavos da Copa pareceu un partido de adestramento, propio dos venres a esas horas. Os soneiráns cubriron o trámite e mañá toca disfrutar na voda do seu compañeiro Víctor García. Abriu o marcador Vía co lanzamento dunha pena máxima feita por Oscar a Darío. Os visitantes recreábanse co balón e tivérona en exclusividade durante os 90 minutos. A rentes do descanso, de novo, Vía, recollía un balón no vertice grande da área e o seu chut colábase polo pau longo defendido da porta defendida por Gonzalo que nada puido facer. Tralo descanso, Manolito sacou os catro homes que tiña no banco para facer as rotacións longas e a posesión aínda foi en aumento. Numerosas ocasións e dous goles máis, un de Jorge Vigo cun disparo dende a frontal que colocou con moita mestría e logo Quique tras recibir un balón entre liñas entrou na área e tras un novo regate a un defensa colocou o balón cruzado ante o que nada puido facer o meta. Os locais tería a única ocasión do partido nos pés de Toniño, pero o seu forte disparo foi moi centrado e despexou o balón a córner Fran quedándose sen o gol da honra nos pés. O Soneira despedirá o domingo a liga e logo a centrarse exclusivamente na Copa na que teñen moitas esperanzas postas, previsiblemente espéralles os Dumbría en cuartos.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Entrevistas QPC Deportes

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).