O Taekwondo da Costa vive un Soño Olímpico
Temporada de verán é temporada alta tamén para o taekwondo. Os membros do Club Arte e Movemento non paran durante a tempada estival, e trae novas de toda clase. Imos repasando nome a nome, os éxitos destes rapaces, que mesmo .
O Club Taekwondo Arte e Movemento, acabou o mes de xuño con unha prata para Anxo Fernández no Open de Basauri (Vizcaia), ó que acudiu coa seleccion galega de Taekwondo.
O propio carnotán Anxo Fernández, os muxiáns Juan Luis Lista e Jose Ramon de Muxia, e os ceenses Cristian Domínguez e Juan Alvarellos, tiveron a oportunidade de participar a primeira quincena de xullo en dúas concentracións que reunirian a parte da elite autonómica, estatal e internacional de este deporte.
Ademais os muxiáns José Ramón Haz e Juan Luis Lista e o carnotán Anxo Fernández participaron a partir de las diez de la mañana do luns 2 de xullo e ata o venres 6 de xullo na concentración do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, xestionado poa Xunta en colaboración coa federación. Alí foron sometidos xunto a outros 15 taekwondistas a analíticas, probas médicas e de esforzo, ademáis de exámenes técnicos «que permiten predecir as capacidades dos rapaces» de cara a concesión de axudas, tanto para os recén incorporados, como para os que xa forman parte da entidade e pasan de curso.
Un Soño Olímpico
A Juan Luis Lista e a Anxo Fernández, esperoulles otra cita do máis alto nivel no Soño Olímpico, que se celebrou en Ribeira a partir do luns 9 de xullo e ata o domingo 15. Alí xuntaronse a Juan Alvarellos e Cristian Domínguez, outros dous destacados competidores do Arte e Movemento, para participar nas actividades que organiza o Natural Sport barbanzano en colaboración coa federación gallega. En Ribeira, ademais de varios medallistas olímpicos e mundiales, traballaron con alguns dos técnicos internacionais mais destacados.
Training
E a pasada semana celebrouse nas Instalacions do Arte e Movemento en Cee, o 1º TRAINING CAMP TAEKWONDO ARTE E MOVEMENTO. Durou tres dias, comezando o mercores 18 ata o venres 20 de xullo. Participaron 30 rapaces de distintos puntos da Costa da Morte: Vimianzo, Muxia, Carnota, Mazaricos, Corcubion e Cee. Recibiron clase con distintos entrenadores, ademais de compartir cos compañeiros 3 dias de deporte e de aprendizaxe. Este evento puido levarse a cabo coa colaboracion de Cafeteria La Bombonera, Carniceria Muiño, Restaurante Insua, Congelados Gonzalez e Suministros Lar.
Subindo de grado
Pero aínda non acabou aquí, se non que este pasado domingo 22 de xullo, 22 rapaces do clube presentáronse a exame para subir de grado. Foi o final perfecto da temporada e a recompensa o traballo de todo o ano.
Vindeira cita
Ademais, xa están preparando unha exhibición de Taekwondo para compartir cos veciños de Cee. Celebrarase o martes 7 de agosto na Alameda de Cee a partir das 21:00 h. Ali os nenos poderan exhibirse ante os seus amigos e pais.
Novas relacionadas
- 4 horas de baile e deporte na Exhibición de Arte e Movemento de Cee.
- Centos de pequenos patíns encheron o pavillón de Camariñas.
- 3 metais en Taekwondo e 6 podios en Baile deportivo para Arte e Movemento.
- Borracheira de trofeos para taekwondistas e bailaríns de Arte e Movemento.
- O carnotán Anxo Fernández representará a Galicia nun Open Internacional de Taekwondo.
- 3 medallas costeiras no Campionato Galego Infantil de Combate.
- O baile de Arte e Movemento estreou 4 novas parellas en Marín.
- Unha prata e un bronce con humildade para os taekwondistas da Costa da Morte.
- Xornada de aprendizaxe a nivel galego para os taekwondistas da Costa.
- Unha prata galega para o taekwondo ceense.
- Un ouro, dúas pratas e dous bronces para os taekwondistas da Costa en Malpica.
- 9 deportistas costeiros clasificados para a Copa Xunta de Galicia de Taekwondo.
- Comeza a campaña de taekwondo para ducias ducias de rapaces da bisbarra.
- 880 veciños participan nas actividades deportivas de Cee.
- Os taekwondistas costeiros acadaron o 2º posto nos Provinciais e preparan a exhibición anual.
- 3 pequenos taekwondistas da Costa clasifícanse para o Campionato Galego.
- Camariñas puxo o quimono.
- Doble éxito do taekwondo e do baile da Costa da Morte.
- A escola Arte e Movemento baila e pelexa.
Fonte
- Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.