Venres. 29.03.2024
El tiempo

9 deportistas costeiros clasificados para a Copa Xunta de Galicia de Taekwondo

9 deportistas costeiros clasificados para a Copa Xunta de Galicia de Taekwondo

Esta fin de semana pasada debutaban 20 deportistas do Clube Arte e Movemento esta campaña. E o facían na fase provincial Copa Deputación de Taekwondo, celebrada en Ribeira. E o resultado é calificado de moi positivo polos adestradores, pois ata 9 deportistas costeiros se clasificaron para a Fase Autonómica, a Copa Xunta de Galicia-Trofeo Pescanova. Unha proba que se disputará o vindeiro 19 de novembro en Boiro.

O adestrador Juan Carlos quedou moi satisfeito co seu papel, xa que "tiveron un comportamento exemplar durante a competición, e os resultados asi o demostraron".

Os deportistas do Clube Arte e Movemento clasificados son os seguintes:

  • Lucas Toba (Muxia) 3º posto Categoria B3.
  • Alez López (Cee) 2º posto Categoria C3.
  • Andrea Pazos (Vimianzo) 3º posto Categoria D2.
  • Anxo Fernandez (Carnota) 2º posto Categoria E2.
  • Jose Ramon Haz (Muxia) 3º posto Categoria E2.
  • Marcos Rodriguez (Carnota) 2º posto Categoria E3.
  • Cristian Lopez (Cee) 1º posto Categoria A2 adultos.
  • Juan Alvarellos (Cee) 3º posto Categoria A3 adultos.
  • Juan Luis Lista (Muxia) 2º posto Categoria A4 adultos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios