O tenis de mesa afiánzase como unha referencia na comarca de Soneira
11:56 20/01/11
Tremendo o traballo que está a realizar a familia Anorthosis, facendo do tenis de mesa un deporte referencial na comarca de Soneira. Este pasado venres realizaban unha concentración con todos os cativos das escolas, e podemos ver aos integrantes dos equipos da Agrupación Deportiva C.P. de Zas, e aos máis de 60 nenos que participaron nestes últimos meses.
Resultados da fin de semana
Tamén houbo xornada dos equipos da Costa. E moi bo resultado o colleitado polo Anorthosis nun partido moi igualado pero que se empezou perdendo 2-0. Logo pouco a pouco e loitando todolos puntos ao máximo conseguiuse esa vitoria que da moita moral de cara a segunda volta que comeza o vindeiro sábado. Polo outro lado, tívoo fácil o Angepón ante o Adeco-Dea, e só cedeu un set no último partido.2ª Galega
- Resultado: ANORTHOSIS VIMIANZO, 5 - ANDEIRO, 2 (17 - 10)
3ª 3ª Galega
- Resultado: ANGEPON, 6 - ADECO-DEA, 1 (18 - 8)
Vindeiros encontros
- Sábado 21 xaneiro ás 17:00h en Zas: ANORTHOSIS VIMIANZO - DUBRATAMBRE 2.
- En San Lázaro (Santiago): ARTEAL VENTANAS C - ANGEPON.
Máis información
- Federación Galega de Tenis de Mesa: Clasificación da 2ª División Grupo Centro.
- Federación Galega de Tenis de Mesa: Clasificación 3ª Galega Grupo Centro.
Novas relacionadas
- O Anorthosis di adeus ao ascenso.
- O ciclismo, unha afección en auxe na Costa da Morte.
- O Anorthosis non pode confiarse pero segue nos postos altos da táboa.
- 4 xogadores do Manuela Rial ça selección provincial de volei .
Fonte
- Nota de prensa do Anorthosis Vimianzo da man de Estevo Lema.