Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Anorthosis di adeus ao ascenso

O Anorthosis di adeus ao ascenso
Esta pasada fin de semana os equipos de tenis de mesa da Costa da Morte tiveron sorte dispar e iso que falamos do clube máis antigo da Costa da Morte, se non contamos os senelleiros clubes de fútbol. Aí están membros de toida a bisbarra: Roi de Camariñas, Marcelino de Cee, Moncho de Carballo, Stevo de Cabana de Bergantiños, Gonchi de Santa Comba; e Miguel, Chiqui, Fran Otero, Angel e Andrés de Zas. Pero xa volvendo a actualidade da fin de semana, o Anorthosis non foi capaz de superar a Breogán Oleiros "B" e así esfúmanse casi por completo as aspiracións do ascenso á 1ª Galega. Agora queda seguir e esperar outro ano, sempre sen perder as esperanzas. Por outra banda, o Angepón, filial do Anorthosis na 3ª Galega, acadou un resultado esperado e superou ao Café Bar Roxibe de Ribadumia (Pontevedra). O filian si que segue coas súas aspiracións de ser 2º pero ten que esperar ás clasificacións dos outros grupos.

2ª Galega

  • Resultado: BREOGAN OLEIROS "B”, 4 - ANORTHOSIS VIMIANZO, 3 (15 - 13).

3ª Galega

  • ANGEPON, 5 - CAFÉ BAR ROXIBE, 2 (17 - 7).

Vindeiros encontros

  • Sábado 18 decembro ás 17:00h no local da S.D. Hípica: HIPICA METROSIDERO - ANORTHOSIS VIMIANZO.
  • Sábado 18 decembro ás 17:00h no ximnasio do IES DE NOIA: IES VIRXE DO MAR "B" – ANGEPON.

Máis información

Novas relacionadas

  • Nota de prensa do Anorthosis Vimianzo da man de Estevo Lema.

Comentarios