O tenis de mesa costeiro colle experiencia nacional
18:20 13/12/17
Ana Garcia, Miguel Rey e Brais BLanco no nacional de tenis de mesa de Guadalajara
A pasada semana tocoulle as varios membros da familia do tenis de mesa costeiro viaxar ata Guadalaja. Celebrábase nada menos que o Torneo Nacional de tenis de mesa, e alí estiveron Brais Blanco e Ana García. Non houbo sorte, e non conseguiron clasificarse para o torneo Estatal de Valladolid, de xeito que a este torneo só poderán acudir as xa clasificadas Miriam Domínguez e Laura García.
Brais xa sabía que o tería difícil e así foi, clasificouse 3º do seu grupo e pasou o cadro final onde xa perdeu na 1ª ronda de eliminatorias. Ana García, pola súa parte, foi 2ª no seu grupo, no que lle tocou unha xogadora da selección española, e logo nas eliminatoria perdeu nos oitavos de final.
Torneo de Vilalba
Jose Angel e Alex compartiron podio no torneo de Vilalba
Foron poucos os representantes do AD Zas os que se desprazaron a Vilalba para participar no torneo da vila chairega. Pero deixaron bo sabor de boca pois José Ángel Lado e Alejandro Blanco conseguiron ser semifinalistas, subidno ao 3º caixón do podio, en xuvenil masculino e Miguel Romero foi 5º no alevín masculino. Os outros representantes, Lara Romero e Tatiana Recarey en alevín femenino, xunto con Raúl López en Infantil perderon na ronda de cuartos de final. De momento os torneos caseiros dánselle mellor aos nosos deportistas e todo axuda a mellorar.
Vindeira cita
O sábado haberá xornada de mañá e tarde no pavillón de Zas, cun tenis de mesa de gran nivel. E o domingo toca o torneo de dobres organizado polos alumnos de 4º da ESO do CPI de Zas. Sábado 16 de decembro no pavillón municipal de Zas:- 2ª división nacional masculina: AD Zas Ponciano Nieto - CTM Milagrosa Husqvarna (Lugo) as 17'00 h.
- 1ª nacional femenina, concentración.
- 1ª división Galega: Concello Mazaricos - Liceo Noia "C" , no pavillón de A Picota.
- 2ª división galega, domingo 17 decembro: Arteal - VTM Pizzeria Hilton.
- Os outros partidos de 2ª galega xa foron adiantados para o venres, para que todos poideran desfrutar dun bo nivel de tenis de mesa o sábado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - SD A Baña AD Zas O PInar - SD A Baña AD Zas Dimobel Bazar Baio - Concello SAnta Comba RC A Estrada "B" - VTM Pinturas figueiras
- Tamén se adiantou o de 1ª división galega, así o AD Zas Construcciones Cernadas xogará tamén o venres en A Coruña.
Crónicas da tempada
- A gran familia do tenis de mesa da Costa da Morte segue medrando.
- O tenis de mesa costeiro deixou alto o pavillón no Torneo de Oleiros.
- Elas teñen a senda.
- Con mala sorte preparando o Torneo de tenis de mesa para o Nadal.
- Un final de infarto deu unha das poucas alegrías da fin de semana de tenis de mesa.
- Miriam Domínguez consigue o pase ao Estatal.
- Mazaricos e Santa Comba dan un paso adiante na 1ª Galega do tenis de mesa.
- Os momentos críticos, entre os deberes do tenis de mesa soneirán.
- Nivel Nacional para os equipos do tenis de mesa costeiro.
- Foto histórica na estrea en 2ª Nacional para o AD Zas Ponciano Nieto.
Novas relacionadas
- Setembro 2017: Zas acolle un curso de árbitros de tenis de mesa:
- A selección Galega de tenis de mesa concéntrase por primeira vez na Costa da Morte
- O zaseiro Miguel Rey, novo Seleccionador da Selección Galega de tenis de mesa.
- Zas acolleu a gran festa do tenis de mesa provincial.
- Os equipos de tenis de mesa da Costa rematan as súas ligas.
- O Ponciano Nieto fai os deberes con matrícula e espera os arrastres para certificar o ascenso á 2ª Nacional.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Stevo Lema.