Martes. 17.09.2024
El tiempo

O tenis de mesa feminino está en alza

O tenis de mesa feminino está en alza
Equipos femininos da familia Anorthosis do tenis de mesa da Costa da Morte As nenas que xogaron en A Baña na 2ª División Nacional, un claro exemplo de que o tenis de mesa feminino está en alza na comarca

Poucos os encontros disputados este sábado de marzo para a familia do tenis de mesa costeiro, en comparación con outras fins de semana deste mesmo mes. Ademais foron por partida dobre en cada categoría e en cada escenario, xa que se disputaban dous encontros en Oleiros, os de 1ª Galega; dous en Zas, os de 2ª galega xa que os de Mazaricos non tiñan o pavillón disponible; e os outros dous en A Baña, os de 2ª nacional femenina, demostrando que o tenis de mesa feminino está en alza na zona.

 

1ª División Galega

  • Resultado: Breogán Oleiros “B” – AD Zas Construcciones Cernadas (4-2)
  • Resultado: Breogán Oleiros “C” – AD Zas Construcciones Cernadas (2-4)
En 1ª Galega a punto estivo de dar a sorpresa o AD Zas Construcciones Cernadas en Oleiros e traer dúas vitorias pero conformouse coa vitoria ante o equipo “C”, que se xogou primeiro e despois Stevo deixou o seu sitio a Raúl. Xogou moi ben Ángel tódolos partidos gañando tres deles e animando aos compañeiros. Tamén moi ben Miriam forzando un quinto set ante o número 1 do equipo “B”, gañou un partido decatro pero deixou moi boas sensacións. Raúl terá que mellorar para gañar partidos nesta categoría e Stevo estivo na súa liña boa e non dou opción aos rivais.

 

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas O Pinar - Liceo Noia “E” (0-6)
  • Resultado: Concello Mazaricos – Vimianzo TM (5-1)

En 2ª Galega, resultados normais con moita diferencia, de momento entre os equipos que se enfrentaban. Debutou no AD Zas O Pinar Manuel Castro e comprobou como dende unha cadeira de rodas se pode xogar e gañarlle ao barbancés José Barrio non lle dou opción e desesperouno devolvéndolle todalas bolas.

En canto ao Concello de Mazaricos segue empatado no primeiro posto e a espera de xogar contra o Recreo Cultural da Estrada, será o vindeiro domingo, para saber realmente a posición para acadar o posto de ascenso.

 

2ª División Nacional Femenina

  • Resultado: Aluminios Xeal - B-3 Giusseppe Anthony (0-3)
  • Resultado: SD A Baña - B-3 Giusseppe Anthony (0-3)

En 2ª femenina, susto, e só iso, foi o que levaron os de Ribadumia cando viros que lle gañaban os dous primeiros sets. Pero a partires de aí os demais foron para os pontevedreses e cun resultado moi claro.

 

Vindeira xornada

Sábado 25 de marzo No ximnasio do CPI de Zas as 17’00 h. último encontro da liga de 1ª galega AD Zas Construcciones Cernadas – Conxo TM En Vilalba durante todo o día e a partires das 10’30 horas os equipos de Aluminios Xeal e SD A Baña disputarán un total de 5 encontros cada un na última concentración da liga de 2ª división nacional femenina. 2ª galega En Noia as 17’00 h Liceo Noia “E” – Santa Comba DOMINGO 26 de marzo 3ª DIVISIÓN NACIONAL, 3ª concentración da fase de ascenso a 2ª nacional. Un total de 12 encontros disputaranse ao longo de todo o día no pavillón de Zas entre os que destacamos os do AD Zas Ponciano Nieto. 10’30 AD Zas Ponciano Nieto – Hotel Chips Narón 15’30 AD Zas Ponciano Nieto - Galmédica Ourense TM 17’45 AD Zas Ponciano Nieto – Club San Xoán Veteranos 2ª galega, en A Estrada 10’00 h. Recreo Cultural de A Estrada “B” – Concello de Mazaricos 12’00 h. Recreo Cultural de A Estrada – Concello de Mazaricos  

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.

Comentarios