O Tiro con Arco afiánzase en Vimianzo

13:46 09/06/11


O pasado sábado fixo a súa presentación un novo club deportivo na Costa da Morte. Neste caso trátase dun club de tiro con arco afincado en Vimianzo que se chama “Dous por setenta”.
Aínda que o club foi fundado a finais do ano 2010, o sábado organizaron a súa primeira actividade pública. Foi un campionato de carácter non oficial que se levou a cabo no campo de fútbol municipal de Vimianzo. Houbo unha excelente participación, aproximadamente uns 60 arqueiros de Lugo, Laracha, Malpica, Coruña, Ordes, Carral, Boiomorto,… e por suposto de Vimianzo.

Bos resultados dos vimianceses
Os vimianceses acadaron bos resultados en tódalas categorías nas que participaron:
- Na categoría Esquío (9 metros) acapararon os tres primeiros postos:
- 1º Xabier.
- 2º José.
- 3º Marcos Esperante. - En categoría Benxamín, Alberto Andujar (12 metros) acadou o primeiro posto.
- En categoría Alevín foi Fernando Villaverde (18 metros) o que acadou un meritorio segundo posto.
- En categoría Infantil (18 metros) dous vimianceses coparon os primeiros postos:
- 1º Max Leis;
- 2º Maikel Santos. - En categoría Cadete Feminina María Lema acadou a medalla de prata, igual que Rocío Andújar en categoría Senior Feminina e José María Lema en Senior Masculino.

Novas relacionadas
- Doble sesión de tenis de mesa costeiro en Corme e Oroso.
- Muxía, Ponteceso e Vimianzo seguen propoñendo novas rutas de sendeirismo.
- 50 arqueiros fixeron de Guillermo Tell en Vimianzo .
- Os arqueiros de Vimianzo volven facer das súas.
- Os arqueiros de Vimianzo.
- A Costa estréase no tiro con arco.
Fonte
- Información e fotos de Víctor Santos.