Venres. 17.05.2024
El tiempo

O Volei Dumbría comeza a súa terceira temporada na Superliga2 cunha contundente e ilusionante vitoria

O Volei Dumbría comeza a súa terceira temporada na Superliga2 cunha contundente e ilusionante vitoria
Volei Dumbria 18-19 Primeiro partido da tempada, na casa, para o Volei Dumbría

Un rotundo 3-0 ante o Cisneros Alter de Tenerife, serve para que a familia do Voleibol Dumbría comece con máis ilusión se cabe esta nova temporada. O equipo, na súa terceira temporada na SuperLiga 2, puido brindarlle a súa entregada afección este doce arrinque de campaña.

O conxunto galego foi moi superior ao equipo canario como demostran os parciais de 25-15, 25-14 e 25-21. O equipo local dominou de principio a fin o partido e tan só no terceiro set vería perigar o marcador debido a un exceso de relaxación. Os canarios chegarían a estar por diante no marcador cun parcial de 9-15, pero os dumbrieses conseguirían empatar a 15 o marcador cunha boa racha de saques de Néstor González. A partir de aí seguiría a igualdade no marcador ata o 19 iguais, momento no que os galegos apertarían para adiantarse 22-19 e manter dita diferenza ata o 25-21 final.

Na seguinte xornada o Voleibol Dumbría xogará fronte ao CV Bruxas, no primeiro derbi galego da tempada que supoñerá ademais o debut do equipo rival na Superliga 2.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-club-voleibol-dumbria-acada-o-10o-posto-no-campionato-nacional/

Comentarios