Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O X Torneo Ponciano Nieto, unha cita redonda

O X Torneo Ponciano Nieto, unha cita redonda
Trofeo Ponciano Nieto de Zas 2 Gran éxito, como non podía ser doutro xeito, no X Torneo Ponciano Nieto de tenis mesa celebrado en Zas o pasado sábado. Alta participación, e gran nivel mostrado por todos os participante e cunha relativa sorpresa e moi positiva para os de Zas. Poderíase resumir como un "torneo redondo". Empezando polo último, e decir pola sorpresa, dicir que o xogador do equipo local AD Zas Ponciano Nieto, Eduardo Quintela, foi o que ao final gañou o torneo e para eso tivo que gañar aos máximos favoritos Edgar Ramos e Ignacio Cabezas en semifinais e final respectivamente. Salientar sobre todo a final donde Edu remontou un 1-2 en sets e un 7-10 en contra no cuarto set para ao final gañar no 5º set por 14-12, máis emoción nonn se podía pedir. Nos corredores escoitábase que había máis nivel que en calquera torneo do circuito galego ou dos campionatos galegos, provocando moita igualdade nos enfrontamentos, sobre todo nas eliminatorias, algunha durou 40 minutos, que fixo que se retrasase o final do torneo case unha hora. por último se decimos da asistencia teriamos que reguntarlle aos que viñeron no mesmo día sen apuntarse e que non tiveron sorte pois a este torneo non falla nadie. Aínda que os resultados eran o de menos, así quedou o cadro dos gañadores: Fermosos os trofeos Open A ou absoluto 1º Eduardo Quintela do AD Zas 2º Ignacio Cabezas do Arteal TM 3º Javi Canzobre do Breogán Oleiros TM 4º Edgar Ramos do Breogán Oleiros TM Open "B" 1º Eliecer Costa do Breogán Oleiros TM 2º Miguel González do Breogçan Oleiros TM 3º Fabian Arnejo do Arteal TM 4º Juan Pereiras do Conxo TM Femenino 1ª Miriam Domnguez do AD Zas 2ª María Castro do AD Zas 3ª Raquel Pérez do Conxo TM 4ª Isabel Rodríguez do CTM Coruña Infantil 1º Brais Touriñan do vimianzo TM 2º Julio Figueiras do Vimianzo TM 3º Carlos Placer do Finisterre TM 4ª Tatiana Recarey do AD Zas Agradecementos A familia organizadora quere agradecer aos traballadores-colaboradores do AD Zas, aos que fixeron o churrasco, tortillas e doces e sirven na mesa para ser máis claros, pois sen eles sería imposible este torneo. Por suposto, agradecen ao concello de Zas por todas as facilidades de cara a organización; á Deputación provincial que colabora coas subvencións e as casas colaboradoras locais como Gadis que nos facilitou auga e froita e as outras que patrocinan os equipos como Ponciano Nieto, Aluminios Xeal, Construcciones Cernadas, Bazar Baio e Asesoría O Pinar, esta última encargouse da churrascada que se serviu aos cerca de 100 participantes entre xogadores e acompañantes.  

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios